"Que me quiten lo bailao" é unha canción da cantante galega Lucía Pérez e composta por Rafael Artesero. Foi a canción representante de España no LVI Festival de Eurovisión, que tivo lugar en Düsseldorf (Alemaña). España entrou directamente na final do certame, o día 14 de maio, onde quedou en 23º posto.
O tema foi seleccionmado de entre máis de 1.000 cancións por TVE e finalmente foi un dos nove temas finalistas. Na final de Destino Eurovisión, celebrada o 18 de febreiro de 2011, de entre os tres temas que interpretou Lucía Pérez, o xurado escolleu Que me quiten lo bailao. Posteriormente os votos dos telespectadores elixiron esta candidatura co 68% dos votos fronte ao 20% da segunda opción, e o 12% da terceira.
O tema gravouse o 25 de febreiro de 2011 e o videoclip oficial da canción rodouse o 6 de marzo, durante a celebración do entroido, na vila de Sitges (Barcelona).
No verán, Lucía Pérez fixo unha versión en galego titulada "Que me quiten o bailao".
Listas <small>País<small>Clasificación<small>Primeira semana<small>Posición de ingreso<small>Mellor posición<small>Semanas na mellor posición<small>Semanas na clasificación<small>Última semanaEuropa<small> España<small>Top 50 cancións<small>15/05/2011<small>19<small>19<small>1<small>3<small>05/06/2011
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Lucía Pérez Escoitar en youtube.com
Categoría:Cancións de España en Eurovisión