Acontecementos 11 de setembro - Unha caravana de colonos é rodeada e atacada por un grupo de mormóns armados en Utah (EUA). 7 de decembro - Prodúcese a primeira folga de mulleres de Galiza na fábrica de tabacos da Coruña. 25 de novembro - Crease o "Banco de La Coruña". 22 de decembro - forzas militares de Inglaterra e Francia toman a cidade chinesa de Guangzhou, que será gobernada ata 1901 por unha comisión anglo-francesa.

Nacementos 22 de febreiro - Heinrich Rudolf Hertz, físico alemán (m. 1894). 22 de febreiro - Robert Baden-Powell, fundador do Movemento Scout. 7 de marzo - Julius Wagner-Jauregg, médico austríaco, premio Nobel de Medicina en 1927. 30 de marzo - Léon-Charles Thévenin, enxeñeiro francés. 13 de maio - Sir Ronald Ross, médico e entomólogo británico, premio Nobel de Medicina en 1902. 2 de xuño - Karl Adolph Gjellerup, dramaturgo e novelista danés, premio Nobel de Literatura en 1917. 24 de xullo - Henrik Pontoppidan, escritor danés, premio Nobel de Literatura en 1917. 14 de agosto - Octavio Lois Amado, científico e escritor galego (m. 1888). 22 de agosto - Juan Picasso González, militar español. 8 de setembro - Georg Michaelis, chanceler alemán (m. 1917). 13 de outubro - Eduardo Vincenti, político galego. 30 de outubro - Gertrude Atherton, escritora norteamericana (m. 1948). 26 de novembro - Ferdinand de Saussure, lingüista suízo. 27 de novembro - Charles Scott Sherrington, fisiólogo británico, premio Nobel de Medicina en 1932 (m. 1952). 2 de decembro - Pablo Pérez Costanti, arquiveiro, xornalista e escritor galego. 3 de decembro - Joseph Conrad, escritor británico de orixe polaca.

Mortes 9 de marzo - Santo Domingo Savio. 10 de xullo - José Puente Brañas, escritor e xornalista galego (n. 1824). 19 de xullo - Francisco Javier Rodríguez Gil, filólogo galego (n. 1797). 5 de setembro - Auguste Comte, filósofo francés. 3 de novembro - Claudio González Zúñiga, ilustrado galego (n. 1784).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1857