Dominique Strauss-Kahn, nado en Neuilly-sur-Seine o 25 de abril de 1949, é un político francés, membro do Partido Socialista Francés. Defínese como socialdemócrata. En novembro de 2007 foi nomeado o presidente do FMI.

Traxectoria Foi profesor de Economía na Universidade de Nancy (1977-1980), ministro do Comercio Exterior desde maio de 1991 até marzo de 1993, ministro de Economía desde xuño de 1997 até novembro de 1999. É tamén deputado do Val-d'Oise e suplente do alcalde de Sarcelles.

Arresto en Nova York

O 14 de maio de 2011 foi detido no aeroporto JFK de Nova York, acusado dos cargos de agresión sexual a unha traballadora do Sofitel New York Hotel de Manhattan. Estivo retido na comisaría do Departamento de Policía de Nova York no Harlem, onde foi acusado de «asalto sexual, intento de violación e rapto». Os seus avogados, Benjamin Brafman e William Taylor anunciaron que «se declarara non culpábel», posto que din ter unha coartada sólida, na que Strauss-Kahn se atopaba xantando coa súa filla no momento do presunto ataque.Los abogados de Strauss-Kahn dicen contar con una sólida coartada

Segundo as fontes policiais, a denunciante, unha empregada doméstica do hotel onde se aloxou, foi asaltada polo director do FMI ao saír espido da ducha. Despois, «abandonou voando o Hotel Sofitel onde se atopaba, deixando tras súa un teléfono móbil ademais dos seus efectos persoais».Relato de una detención: 13.00 horas, hotel Sofitel, habitación 2806

O 16 de maio Strauss-Kahn compareceu ante a maxistrada do caso, negándolle esta a solicitude de liberdade baixo fianza de dous millóns de dólares que presentaron os seus avogados defensores, ordenando ademais que fose enviado á célebre prisión neoiorquina da illa Riker polo menos ata a próxima audiencia fixada para o 20 de maio. Na audiencia a fiscalía alegou que a presunta agresión sexual acontecera unha hora antes do dito ao principio, botando por terra a coartada de Strauss-Kahn.Strauss-Strauss-Kahn será trasladado a la cárcel de la isla de Riker, en El Mundo de España.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no sitio do FMI

Categoría:Políticos de Francia Categoría:Directores do Fondo Monetario Internacional Categoría:Nados en Neuilly-sur-Seine Categoría:Nados en 1949