Peter Prescott (nado o 26 de outubro de 1957 en Nantucket, Massachusetts) é un músico estadounidense, coñecido por ser o batería da banda de Boston Mission of Burma.

Despois de que a banda se separase en 1983, Prescott seguiu activo na escena musical da cidade, formando Volcano Suns e posteriormente Kustomized e The Peer Group. Dende o regreso de Mission of Burma no ano 2004, Prescott adicouse ás súas vellas tarefas cos seus compañeiros Roger Miller e Clint Conley.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Nantucket, Massachusetts