miniatura|dereita|Os Picos de Europa desde Camaleño. dereita|miniatura|Vista dos Picos de Europa. Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Limita polo sur con Vega de Liébana, polo leste con Potes, polo norte e leste con Cillórigo de Liébana, polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano. Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.

As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría, a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa, ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.

Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe, e para a fabricación do augardente lebaniego recóllese o té do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé.

Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, un dos cinco lugares santos da cristiandade; sendo unha Cidade Santa, por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo.

O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva, que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.

Localidades

Areños, 53 hab. (2006, INE ) Argüébanes, 46 hab. Bárcena, 18 hab. Baró, 12 hab. Beares, 4 hab. Besoy, 8 hab. Bodia, 10 hab. Brez, 36 hab. Camaleño (Capital), 46 hab. Congarna, 15 hab. Cosgaya, 47 hab. Enterría, 1 hab. Espinama, 128 hab. La Frecha, 26 hab. Fuente Dé, 7 hab. Las Ilces, 12 hab. Lon, 69 hab. Los Llanos, 26 hab. Llaves, 29 hab. Mieses, Camaleño, 36 hab. Mogrovejo, 46 hab. La Molina, 18 hab. Pembes, 68 hab. Pido, 127 hab. Quintana, 8 hab. Redo, 14 hab. San Pelayo, 21 hab. Santo Toribio, 3 hab. Sebrango, 10 hab. Tanarrio, 30 hab. Treviño, 10 hab. Turieno, 98 hab. Vallejo, 6 hab.

Núcleo de poboación Camaleño é tamén o nome da localidade capital do concello. Atópase no río Deva, a unha altitude de 380 msnm. Dista 125 quilómetros de Santander, a capital da comunidade. Celebra a festividade da Virxe do Pilar (o 12 de outubro), cunha feira de gando. Da súa arquitectura destaca a casa dos Gómez de Enterría, onde pode verse un hórreo ben conservado e unha ermida moi rústica.

Patrimonio Tres son os bens de interese cultural deste municipio: O Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, en Santo Toribio, con categoría de monumento. O lugar de Mogrovejo, con categoría de conxunto histórico. A Ruta Lebaniega, que enlaza o Camiño de Santiago da costa co Camiño Francés, con categoría de "outros" e que afecta, ademais de a este municipio, aos de San Vicente de la Barquera, Val de San Vicente, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Potes, Cabezón de Liébana e Vega de Liébana.

Demografía

Administración

Juan Manuel Guerra García (PRC), é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 362 42 % 4 PRC 352 40,84 % 4 PSOE 123 14,27 % 1

Alcalde electo: Juan Manuel Guerra García (PRC).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 340 40,52 % 4 PRC 335 39,93 % 4 PSOE 154 18,36 % 1

Alcalde electo: Juan Manuel Guerra García (PRC). </center>

Véxase tamén

Ligazóns externas Camaleño en Cantabria Joven Camaleño en Cantabria 102 municipios