Willem Barents, nado en 1550 e finado en 1597, foi un navengante e explorador holandés.

Traxectoria Nado na illa frisoa de Terschelling, marchou a Ámsterdan e en 1594 dirixiu unha expedición de dous barcos na busca du paso polo norte cara ao leste de Asia. Explorou a costa oeste de Nova Cembla e seguiu cara ao norte ata que, cando estaba preto do extremo norte, viuse obrigado a regresar.

Ao ano seguinte dirixiu outra expedición de sete barcos que tamén fracasou. Na terceira viaxe o barco de Barents quedou atrapado na neve ao norte de Nova Zembla e Barents non sobreviviu. En 1871 descubriuse a cabana que Barents e a súa tripulación construíu para tentar sobrevivir, a casa estaba intacta e atopouse parte do seu diario.

Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1550 Categoría:Finados en 1597