O castro de Bemil é un castro situado na parroquia de Bastavales, no concello coruñés de Brión.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado emprazado nun pequeno couto de 120 metros de altura que constitúe a parte final dunha aba montañosa con acusadas pendentes cara ao val de Bastavales. Nas vertentes de menor altitude atópase un sistema fortificado máis elevado. O castro consta dun único recinto ovalado, protexido por un parapeto que rodea a croa. As dimensións dos muros defensivos son máis acusadas pola banda este, cuns 85 metros no eixo norte-sur e uns 90 no leste-oeste.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Ligazóns externas Catálogo de bens culturais. PXOM de Brión. Xuño do 2003.
Bemil Categoría:Brión sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes