miniatura|John Barbirolli en 1965. John Barbirolli ou Giovanni Battista, nado en Londres en 1899 e finado en 1970, foi un director de orquestra e violinista británico de orixe italiana.
Traxectoria Procedente dunha familia de músicos, como violinista novo fixo algunhas gravacións coa London Symphony Orchestra (LSO), na década de 1920 comezou a dirixir, e nos anos 1930s fixo moitas gravacións coa LSO e a London Philharmonic, coa compaña de numerosos solistas principais como Fritz Kreisler, Jascha Heifetz e Arthur Rubinstein, que permanecen como clásicos hoxe.
Entre 1937 e 1942 dirixiu a New York Philharmonic e en 1942 a Hallé Orchestra de Manchester ata 1958.
Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1970