O castro de Riotorto, tamén chamado Os Castros ou o Petón do Castro, era un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha.
Morfoloxía O sitio arqueolóxico foi destruído polos movementos de terras derivados das obras de construción da autovía AG-55, entre A Coruña e Carballo. Consérvase só unha pequena parte do recinto, pero non é accesible.
Constaba dun único recinto fortificado de forma ovalada protexido por un terraplén de 5 metros de altura. A croa estaba protexida polo leste por un pequeno antecastro rodeado por un parapeto de metro e medio de altura exterior.
As dimensións do conxunto eran de 52 metros no eixo norte-sur e 75 no leste-oeste.
Arqueoloxía Foi escavado por un equipo de arqueólogos dirixido por Purificación Soto Arias en 1992, con motivo das obras da autovía.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña Ligazóns externas Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010
Riotorto