Kerplunk é o segundo álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 17 de xaneiro de 1992 polo selo Lookout! Records. Kerplunk foi o seu derradeiro lanzamento nun selo independente e foi tamén o primeiro álbum coa súa formación actual, con Tré Cool na batería. Trátase dun dos álbums editados a través dun selo independente máis vendido de todos os tempos. Moitas grandes discográficas tomaron nota da popularidade de Kerplunk e achegáronse á banda. Green Day decatouse de que chegaran ao máximo da capacidade de distribución de Lookout! e entón asinaron un contrato con Reprise Records, selo co que gravarían e editarían o seu terceiro traballo no ano 1994, Dookie.

O álbum oficialmente inclúe só 12 temas, pero as versións lanzadas en CD e casete teñen as 4 cancións do EP Sweet Children. Un deses temas é unha versión da canción de The Who "My Generation". Outra canción que destaca do álbum é "Welcome to Paradise", que a banda regravaría para o seu seguinte traballo Dookie.

En agosto do ano 2010 Kerplunk levaba vendidas 753.000 copias nos Estados Unidos e 1 millón en todo o mundo.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Green Day Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums de Lookout! Records