A bandeira de Bahrain (en árabe: علم البحرين) consiste nunha franxa branca á esquerda, separada dun campo de goles ou vermello á dereita por cinco triángulos que forman unha liña serrada.
Deseño O vermello é a cor tradicional das bandeiras dos estados árabes do Golfo Pérsico. O branco está do lado do mastro, e os cinco triángulos representan aos cinco alicerces do islam (profesión de fe, oración, xaxún, caridade e peregrinación). É moi semellante á bandeira de Qatar, a cal ten máis triángulos e é dun vermello máis escuro.
Historia As bandeiras máis antigas coñecidas de Bahrain eran completamente vermellas. En 1820 Bahrain asinou un tratado co Reino Unido, e a franxa branca foi engadida á bandeira indicar a tregua. En 1932, un bordo serrado foi engadido para distinguir a bandeira da dos países veciños. A bandeira orixinal posuía vinte e oito puntos brancos, mais foi reducida a oito en 1972, e posteriormente a cinco en 2002.
Bandeiras históricas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Qatar Escudo de Bahrain
Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Bahrain Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 2002