Unión Fenosa foi un grupo empresarial español presente en varios sectores económicos, tendo coma principal actividade a produción de enerxía eléctrica, pero presente tamén no sector do gas e nos servizos e telecomunicacións.
Unión Fenosa foi adquirida por Gas Natural, que agora opera como Gas Natural Fenosa, nun proceso iniciado en xullo de 2008 (cando Gas Natural chegou a un acordo con ACS para a compra da súa participación do 45,3% en Unión Fenosa) e culminado en setembro de 2009 (momento no que as accións da nova compañía son admitidas a cotización).
Historia Naceu o 23 de novembro de 1982 co nome de Unión Eléctrica Fenosa trala fusión entre Unión Eléctrica, creada en 1912 como Unión Eléctrica Madrileña, e Fenosa (Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A.), creada en Galiza en 1943 por Pedro Barrié de la Maza.
En 1986 o grupo iniciou a súa expansión internacional cun contrato de consultoría para a empresa Usinas y Transmisiones Eléctricas de Uruguay, e en 1988 entrou en funcionamento a central nuclear de Trillo, da que Unión Fenosa era promotora.
miniatura|200px|dereita|Estorniños sobre un tendido eléctrico de Unión Fenosa.
En 1992 tivo lugar o primeiro investimento directo no exterior, e en 1994 creouse Unión Fenosa Energías Especiales para dar pulo ás enerxías renovables. En 1995, tralo éxito das exposicións bienais creadas en 1989 e denominadas Mostra Unión Fenosa, creouse o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, na Coruña.
Fenosa participara desde a liberación das telecomunicacións neste sector, e en 1998 adquiriu unha participación da empresa de telefonía móbil Airtel, traspasando o investimento ao ano seguinte ao grupo Aúna (Retevisión e Amena). Así mesmo, conta na actualidade (agosto de 2008) cun 35,44 % das accións da empresa galega R.
No ano 2000 asinou un contrato cunha empresa petroleira exipcia, que permitiu a Unión Fenosa dispor de gas propio en orixe e así ter unha posición de vantaxe no sector. Ademais, creouse Soluziona como integradora das empresas de servizos profesionais do Grupo. A Central de Hermosillo, en México entrou en funcionamento en 2001 e constitúe o primeiro ciclo combinado de gas construído e operado pola empresa. En 2002 eliminou do seu nome a palabra "Eléctrica" para reflectir a entrada noutros negocios (gas, telecomunicacións etc.) En 2003 entrou como socio estratéxico no accionariado de Unión Fenosa Gas a empresa italiana ENI, que co 50% dos títulos, reforzou a posición do Grupo nos mercados gasistas internacionais.
En 2005 un grupo empresarial galego formado por Amancio Ortega, Jacinto Rey do Grupo San Jose, Caixa Nova e Caixa Galicia tentaron comprar as accións de Fenosa en mans do Banco de Santader. Esta compra supuña asumir o control da eléctrica. Coa operación pechada, no último momento e por presións políticas, as accións foron vendidas ao grupo ACS de Florentino Pérez.
Até a fusión con Gas Natural, o Grupo Unión Fenosa tiña presenza en 15 países.
Operación de adquisición por Gas Natural dereita|miniatura|Tapa de rexistro en Santiago de Compostela.
En xullo de 2008, a participación en Unión Fenosa que ten o seu primeiro accionista, o grupo ACS, recibe unha oferta de compra de Gas Natural, que é aceptada.
En abril, a Oferta Pública de Adquisición de Accións (OPA) formulada por Gas Natural sobre o capital social de Unión Fenosa foi aceptada por 317.655.538 accións, representativas do 34,75% do capital social da eléctrica e do 69,54% dos dereitos de voto aos que a oferta se dirixía de forma efectiva.
Tras a liquidación da OPA, cuxo período de aceptación concluíu o día 14 de abril, Gas Natural pasou a ser titular dun 84,77% do capital social de Unión Fenosa, e, unha vez liquidados os instrumentos financeiros subscritos con diversas entidades bancarias e un contrato de compravenda de accións, a participación ascendeu ao 95,22% do capital social da eléctrica.
A finais de abril, os consellos de administración das dúas compañías aprobaron o proxecto de fusión por absorción de Unión Fenosa e de Unión Fenosa Generación. A ecuación do troco proposta foi de tres accións de Gas Natural por cada cinco accións de Unión Fenosa.
O 4 de setembro de 2009 Unión Fenosa deixou de cotizar na bolsa de valores, integrándose por completo en Gas Natural.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Fenosa Naturgy Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Empresas eléctricas Categoría:Empresas de España