Antonio Fernández Tafall, nado en Santiago de Compostela en 1869 e finado en Madrid o 27 de febreiro de 1936, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Bibiano Fernández, co que colaborou en diversas ocasións e ao que sucedeu o 30 de decembro de 1892 na dirección de Gaceta de Galicia,Villares, Ramón: "A cidade dos dous apóstolos (1875-1936)", p. 465-542 en Historia da cidade de Santiago de Compostela USC, 2003. fundou outra imprenta á marxe da do pai en colaboración co seu irmán José. Dirixiu tamén El Alcance (1892)El Alcance en Galiciana. e colaborou no periódico La Colonia Gallega, voceiro da colectividade galega da Arxentina, que apareceu en 1914. Escribiu os dramas Perlas del arroyo, que se estreou en 1906, e El estudante de Armenteira. Foi académico correspondente da Real Academia Galega. miniatura|Redacción de Gaceta de Galicia en 1904: Dámaso Carrero, José Caramelo, Fernández Tafall e Constantino Martínez Soto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público