Antonio Zabálburu, nado en Bilbao o 19 de xullo de 1973, é un actor español. Tras vivir en Neguri (Getxo), marchou a Madrid para estudar Arte Dramática.

É coñecido polo seu papel do doutor Javier Sotomayor en Hospital Central, sendo o único personaxe que estivo nas 20 tempadas da serie. Antes disto participou noutra serie de televisión de éxito, Compañeros, aínda que só formou parte da repartición durante a primeira tempada. Tamén participou en varias películas e obras de teatro.

Filmografía Televisión Compañeros (1998) Hospital Central (2000-2012)

Cine Sabor latino (1996), de Pedro Carvajal. África (1996), de Alfonso Ungría. La marcha verde (2002), de José Luis García Sánchez. Eres mi héroe (2003), de Antonio Cuadri. Campos de luz (2004), de María Casal. Vete de mí (2006), de Víctor García León.

Teatro El invierno bajo la mesa Splendid´s Tantas voces

Véxase tamén Ligazóns externas Encontro dixital en 20 minutos, abril de 2009

Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Actores de televisión Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1973 Categoría:Actores de Hospital Central