A princesiña (en ) é un filme dirixido por Alfonso Cuarón que se estreou en 1995. Está baseada na novela homónima de Frances Hodgson Burnett, A Little Princess. A acción desenvólvese na Nova York durante a primeira guerra mundial. Estreouse en galego na TVG o 8 de decembro de 2010.

Sinopse

Das selvas da India ás rúas de Nova York, esta é a historia dunha pequena e afouta cativa que queda orfa e sen cartos, pero que grazas a un máxico poder conseguirá superar os obstáculos e conseguir os seus soños. Sara Crewe (Liesel Matthews) chega a un estrito internado para rapazas rexido polas regras da madame Minchin (Eleanor Bron). Sara convértese nunha rapaza popular entre as demais estudantes polos seus fantásticos contos sobre a India. Todo cambiará cando recibe novas da desaparición do seu pai na guerra e polo tanto queda desposuída dos seus bens. Ante isto, a madame Minchin fai que Sara fique como criada no colexio para pagar os gastos que ocasionou coa súa estadía. Para escapar da súa penosa realidade refúxiase na fantasía coa súa amiga Becky (Vanessa Lee Chester).

Personaxes Liesel Matthews como Sara Crew Eleanor Bron como Miss Minchin Liam Cunningham como Captain Crewe/Príncipe Rama Vanessa Lee Chester como Becky Rusty Schwimmer como Amelia Arthur Malet como Charles Randolph Errol Sitahal como Ram Dass Taylor Fry como Lavinia Heather DeLoach como Ermengarde Darcie Bradford como Jesse Rachael Bella como Betsy Alexandra Rea-Baum como Gertrude Camilla Belle como Jane Lauren Blumenfeld como Rosemary Kelsey Mulrooney como Lottie Kaitlin Cullum como Ruth

Premios 1995: Dous nomeamentos ós Oscar: Mellor fotografía e mellor dirección artística.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Alfonso Cuarón Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes ambientados en 1914 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados no Raj Británico Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego