César López Otero, nado en Acevedo, San Xurxo de Piquín, na Ribeira de Piquín; por entón pertencente ao concello de Meira) en 1903 e finado en Meira o 12 de setembro de 1939, foi un avogado, sindicalista e político galego.

Traxectoria Dende 1923 presidiu a Federación Provincial Agraria (FPA) e a Confederación Rexional de Agricultores Galegos (CRAG). Integrouse na Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) en 1930 e despois no Partido Republicano Gallego. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Foi gobernado civil da Coruña do 12 de xuño de 1931 ata a súa dimisión o 8 de xullo de 1932. Logo foi dirixente de Izquierda Republicana. Xunto co seu irmán Avelino López Otero foi o promotor da constitución do concello da Ribeira de Piquín, constituído o 5 de marzo de 1935. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de outubro de 1937, o día 15 foi conducido ao Hospital, e morreu uns meses despois de saír da cadea.

Obras Abolición de foros, censos y otras rentas de origen señorial, 1934. miniatura|300px|Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso na RAG en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Otero Pedrayo, Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar.|centro Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Nomes e Voces Ficha en Represión franquista en Lugo Retrato de César López Otero por Arturo Souto

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Nados na Ribeira de Piquín Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Políticos de Izquierda Republicana