José María Ruiz-Mateos y Jiménez de Tejada, Marqués de Olivara, nado en Rota (Cádiz) o 11 de abril de 1931 e finado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 7 de setembro de 2015, foi un empresario español fundador do holding Rumasa e, posteriormente, de Nueva Rumasa. Estivo casado con Teresa Rivero e tivo trece fillos, seis homes e sete mulleres.

Traxectoria José María Ruiz-Mateos comezou a súa carreira empresarial cando só era un mozo, exportando viño a Inglaterra. Posteriormente fundou o holding Rumasa (230 empresas, 65.000 empregados). Pertenceu por liña materna ao Ilustre Solar de Tejada, corporación nobiliaria máis antiga do Reino de España.

Expropiación de Rumasa O 23 de febreiro de 1983 Rumasa foi expropiada polo goberno español do PSOE, presidido por Felipe González. O goberno alegou que Rumasa evitou pagos a Facenda durante anos, por un custo de varios millóns de pesetas. Tamén considerou que Rumasa estaba en bancarrota virtual, manténdose exclusivamente do amaño dos libros de contabilidade da empresa.

Ruiz-Mateos estivo en desacordo coa expropiación e demandou xudicialmente ao goberno, solicitando unha indemnización. Foi ao cárcere baixo a acusación de evasión de divisas, fraude e apropiación indebida.

En maio de 1989, Ruiz-Mateos propinou un puñazo na testa ao que fora Ministro de Facenda no intre da expropiación, Miguel Boyer, á saída do Xulgado de Instrución número 7 de Madrid.

Falecemento Ruiz Mateos foi ingresado o 17 de agosto de 2015 no hospital de El Puerto de Santa María (Cádiz), debido a unha rotura de cadeira producida tras unha caída«José María Ruiz Mateos, gravísimo», en Diario de Cádiz, 6-9-2015 . Tras ser operado, contraeu unha pneumonía que o fixo empeorar«Súbito empeoramiento de Ruiz-Mateos al contraer una neumonía», Diario de Jerez, 25-8-2015. . Finalmente, faleceu o 7 de setembro de 2015 no mesmo centro hospitalario «Fallece José María Ruiz Mateos», La Voz Digital, de 7-9-2015. .

Notas

Categoría:Empresarios de España Categoría:Nados en Rota Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Europarlamentarios de España (1989-1994) Categoría:Europarlamentarios non inscritos Categoría:Criminais de España