A Lavacolla é un lugar da parroquia do Sabugueira no concello coruñés de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 149 habitantes (64 homes e 85 mulleres).
Este lugar dista da capital do concello 8,5 quilómetros. Dá nome ao aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla.
Etimoloxía O topónimo A Lavacolla procede do latín "lava colea" (lava os testículos), polo nome do río onde os peregrinos do camiño de Santiago se purificaban antes de entrar en Compostela. No Códice Calixtino, por eufemismo, chámanlle "lava mentula".Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páx. 102.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Sabugueira
Parroquias de Santiago de Compostela
Véxase tamén Outros artigos Campo de concentración da Lavacolla
Lavacolla Lavacolla