Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.
Traxectoria A súa familia trasladouse a Ordes cando tiña 9 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde reside desde 1958. Fixo a tese de doutoramento sobre a lingua nas novelas de Antonio López Ferreiro (1978) na mesma universidade.
Exerceu a docencia na Facultade de Filosofía e Letras, posteriormente de Filoloxía, de 1970 a 1975, e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado desde 1972. Obtivo a titularidade de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega en 1984 e a cátedra en 1994, materia que ensinou na Facultade de CC da Educación da USC ata 2014, data da súa xubilación.
Foi presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.
Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias como Alameda, Murguía, Lenguaje y Textos, Andaina, Primeras Noticias, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Cuadernos de Pedagogía, Agália etc. As súas liñas de investigación preferentes son: Lingua, Literatura, Xénero e Memoria histórica.
En 2011, recibiu da Academia Galega do Audiovisual o Premio Mestre Mateo ao mellor documental, por As silenciadas, que foi dirixido por Pablo Ces e coproducido por ela, cun guión baseado no seu libro Mulleres na guerrilla antifranquista.
Durante a década dos anos 80, comezou un traballo de investigación no que realizou a biografía de máis de 400 mulleres galegas, dende o século IV e até 1975, que deu como froito o libro Elas, que foi publicado en 2015. Na ilustración da obra participaron 8 artistas galegas: Chelo Rodríguez, Irene Silva Xiráldez, Ehlaba Carballo, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.
Obra en galego Ensaio Foula e ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1910-1941) (1992). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-604-4028-1. As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936) (1993). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-19-9. Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002). Ediciós do Castro. 159 páxs. ISBN 9788484850939. Avilés de Taramancos. Un francotirador da fermosura (2003). Toxosoutos. 438 páxs. ISBN 84-95622-84-X. Ramiro Paz Carbajal (1891-1936). Unha vida segada pola barbarie (2003). Toxosoutos. 216 páxs. ISBN 978-84-96259-03-4. Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975 (2007). Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-8483411469 Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011). Laiovento. 532 páxs. ISBN 84-8487-211-5. Elas (2015). A Xanela Editorial. miniatura |start=20|Entrevista en Nós Televisión. Irmandiñas (2020). Laiovento. Carmiña Sierra A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (2023). Santiago: Alvarellos. ISBN 978-84-18567-45-2. María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo (2025). Santiago: Alvarellos. ISBN 978-84-18567-84-1. miniatura|Na presentación de Carmiña Sierra A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos, na Casa das Campás de Pontevedra, acompañada de Rosario Álvarez Blanco, Roxelio Pérez Poza e Henrique Alvarellos
Edicións O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro, 1981, Ediciós do Castro. Prosa miúda. Artigos non coleccionados (1927-1934), de Ramón Otero Pedrayo, 1988, Ediciós do Castro. Teatro ignorado, de Ramón Otero Pedrayo, 1991, Laiovento. Fausto, Margarida e Aqueloutro, de Tomás Barros, 1993, edición bilingüe e estudo introdutorio, Ediciós do Castro. Con Alfredo Rodríguez López-Vázquez. Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Actas do Seminario Interdisciplinar, Santiago, 1996 (1997). Santiago de Compostela. Queixas, de Áurea Lorenzo Abeijón, 2004, Toxosoutos. O cabalo de vidro, de Antón Avilés de Taramancos, 2008, Concello de Noia. Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, 2012, Laiovento.
Obras colectivas Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea. O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Ediciós do Castro. Con Araceli Herrero Figueroa. Actas do I Simpósio Internacional de Didáctica da Lingua e a Literatura, 1991, Universidade de Santiago de Compostela. Simpósio Internacional Muller e Cultura, 1993, Universidade de Santiago de Compostela. A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Superior a Escola Universitaria (1849-1996), 2000, Universidade de Santiago de Compostela. Con Anxo Porto Ucha. Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia. As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.
Obra en castelán Ensaio El gallego de López Ferreiro (1978). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-102-7.
Obras colectivas Estudios sobre mujer, lengua y literatura, 1996, Universidade das Palmas de Gran Canaria e Universidade de Santiago. Lo Femenino y lo Masculino en el Diccionario de la Lengua de la Real Academia Española, 1998, Ministerio de Asuntos Sociais. Lecturas de Museo. Orientaciones sobre la recepción de relaciones entre la literatura y las artes, 2000, Universidade de Santiago. Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, 2004, Deputación da Coruña.
Premios Premio Tomás Barros de investigación teatral no 1991. Premio Literario Ánxel Fole no 1992, por Foula e Ronsel. Os anos xuvenís de Carvalho Calero (1910-1941). Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2011 por As silenciadas, guión e coprodución de Aurora Marco. Premio Luís Tilve á Investigación e Divulgación Histórica no 2012, por As mulleres na guerrilla antifranquista galega. Concha Castroviejo. Arelas de liberdade, traballo co que Aurora Marco e Pablo Ces gañaron o segundo premio Xohana Torres, convocado polo Concello de Santiago de Compostela e pola USC. Premio Sereo da Asociación Cultural Barbantia (2013), polo seu traballo a prol da cultura galega. Republicana de Honra da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (2014), polos seus traballos de memoria histórica das mulleres. Premio Mulleres en Acción, Cangas de Morrazo (2015). Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2016) 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego por Irmandiñas. 2022: III Premio de Investigación Baltar Feijóo por Irmandiñas. 2023: Foi recoñecida como Señora das Letras pola plataforma de crítica literaria feminista A Sega para celebrar o Día das Galegas nas Letras. 2025: Premio Ernestina Otero do Concello de Vigo. 2026: Premio Lois Peña Novo. 2026: Premio de Igualdade Maruja Vázquez Suárez, entregado polo PSOE.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Aurora Marco "A historia das mulleres silenciadas en Galicia" Galicia Confidencial, 8/2/2016. Entrevista a Aurora Marco na CRTVG
Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Noguera de Albarracín Categoría:Nados en 1948 Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela