Hocus Pocus é un filme estadounidense dirixido por Kenny Ortega que se estreou en 1993. A historia ten como eixo central a festividade de Halloween, durante a cal un rapaz chamado Max, resucita sen querelo tres meigas, as irmás Sanderson, que foran aforcadas trescentos anos atrás.

Sinopse En 1693, tres meigas chamadas Winifred, Mary e Sarah foron condenadas a morte en Salem, Massachusetts, por facer bruxería. Elas roubáronlle a alma a unha nena, Emily Binx, para recuperar a súa xuventude, e transformaron ó irmán de Emily, Thachery, nun gato negro que non pode morrer. Trescentos anos despois, o día de Halloween, Max Dennison devólvelles a vida sen querelo ó acender a Candea da Virxe na casa-museo das irmás. Coa axuda da súa irmá máis nova, unha compañeira de clase e un gato negro inmortal, Max terá que atopar o xeito de volver todo á normalidade.

Personaxes Omri Katz como Max Dennison, o protagonista. Bette Midler como Winifred "Winnie" Sanderson, a xefa das irmás Sanderson. Sarah Jessica Parker como Sarah Sanderson, a segunda das irmás Sanderson. Kathy Najimy como Mary Sanderson, a terceira irmá meiga. Thora Birch como Dani Dennison, a irmá máis nova de Max. Vinessa Shaw como Allison, a compañeira de clase que lle gusta a Max. Sean Murray como Thackery Binx (na súa forma humana) Jason Marsden (a súa voz de humano no corpo de gato) Doug Jones como Billy Butcherson, antigo amante de Winifred, agora resucitado en zombi. Charles Rocket como Dave Dennison, o pai de Max e Dani. Stephanie Faracy como Jenny Dennison, a nai de Max e Dani. Amanda Shepherd como Emily Binx, a irmá máis nova de Thackery. Larry Bagby como Ernie / "Ice" o líder do grupo de matóns do instituto. Tobias Jelinek como Jay, o amigo de Ernie.

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kenny Ortega Categoría:Filmes ambientados nas Trece Colonias Categoría:Filmes ambientados en 1993 Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes sobre irmás