O Klub Koszykówki Włocławek, coñecido por motivos de patrocinio como Anwil Włocławek, é un club profesional de baloncesto son sede na cidade polaca de Włocławek, Cuiavia-Pomerania. Fundado no ano 1991, actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima competición do baloncesto de Polonia. O club xoga os seus partidos como local no Hala Mistrzów, pavillón con capacidade para 4.200 espectadores.

Historia O club foi fundado no ano 1991 co nome de Provide Włocławek, comezando a xogar desde a segunda división polaca. Xa na súa primeira temporada o club logra o ascenso á Primeira División. Xa na Polska Liga Koszykówki, e coa denominación de Nobiles Włocławek, na súa primeira temporada na elite conseguen acabar na segunda posición final, despois de teren sido primeiros na temporada regular. O seu único campionato de Liga chega en 2003, cando derrotan na final ao Asseco Prokom Gdynia por 4-2.

Nomes Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como: Provide Włocławek (1991−1992) Nobiles Włocławek (1992−1998) Anwil Włocławek (1998−presente)

Palmarés Competicións domésticas Liga de Polonia Campións (2): 2003, 2018 Subcampións (8): 1993, 1994, 1999, 2000, 2001, 2005, 2006, 2010 Terceiro posto (2): 1995, 2009 Semifinais (5): 1996, 2002, 2004, 2007, 2013 Copa de Polonia Campións (3): 1995, 1996, 2007 Subcampións (1): 2004 Supercopa de Polonia Campións (2): 2007, 2017

Competicións europeas Copa Saporta Semifinais (1): 2002 Cuartos de final (1): 2001

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Polonia