A selección de hóckey a patíns masculina de Inglaterra é o equipo que representa a Inglaterra nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. Inglaterra foi a gran dominadora do hóckey a patíns mundial nas décadas de 1920 e 1930, conquistando 12 veces consecutivas o Campionato de Europa entre 1926 e 1939, incluídas as edicións de 1936 e 1939, que foron consideradas como o Campionato do Mundo, unha cadea de títulos que ningunha selección foi quen de igualar ata a data. Logo deste período de esplendor, a selección de Inglaterra só conseguiu alzar un título, o do Torneo das Nacións de Montreux de 1950, e non foi ata o ano 2000 cando conseguiu alzar un título, o do Campionato do Mundo "B" disputado en Chatham (Inglaterra), ao impoñerse na final aos Países Baixos, acadando o subcampionato do mesmo torneo catro anos máis tarde en Macau, cando caeu na final con Cataluña por 6 goles a 0.
Palmarés 2 Campionatos do Mundo: 1936Esta competición foi considerada como Campionato de Europa e do Mundo á vez e 1939. 12 Campionato de Europa: 1926, 1927, 1928, 1929, 1939, 1931, 1932, 1934, 1936, 1937, 1938 e 1939. 8 Torneo das Nacións de Montreux: 1923A denominación do torneo nesta edición foi Tournoi de Pâques, 1924, 1925, 1927Esta edición do torneo foi denominada Championnat d'Europe, 1929, 1931, 1939Esta edición foi denominada Championnat du Monde e 1950. 1 Campionato do Mundo "B": 2000.
Equipo Estes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010:
NºNOMEPOSICIÓN1David GarlickPorteiro2Ricky JuppDefensa3Karl SmithDefensa4Marc WaddinghamDefensa5Joel De FigueiridoDefensa6Simon HoskingDianteiro7James TaylorDianteiro8Owen StewartDianteiro9Brendan BarkerDianteiro10Jamie WilliamsonPorteiro
Adestrador: Carlos Amaral
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial da National Roller Hockey Association
Inglaterra