Llívia é un concello e exclave catalán de España en territorio francés que pertence administrativamente á comarca da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Está situado a 153 quilómetros ao norte de Xirona e rodeado na súa totalidade por territorio francés.
A lingua tradicional da localidade é o catalán.
Historia A singularidade do enclave de Llívia provén do estipulado no Tratado dos Pireneos de 1659, polo cal España lle cedeu a Francia as 33 poboacións das comarcas de Vallespir, Capcir, Conflent e a Alta Cerdaña, que hoxe en día forman, xuntamente co Rosellón, o departamento francés dos Pireneos Orientais.
Llívia quedou fóra deste tratado por tratarse dunha vila, privilexio concedido por Carlos I de España, polo que continuou baixo dominio do rei de España. O 11 de febreiro de 1939, a finais da guerra civil española, as autoridades do bando nacional pedíronlles ás autoridades francesas permiso para ocupar Llívia.
Xeografía +Localidades do municipio Localidade Poboación(2007) Cereja 26 Gorguja 23 diseminados 22 Llívia 1.317 Total 1.388
A vila de Llívia (1.223 m) atópase nos Pireneos, no val da Cerdaña. Está situada ao pé do Turó del Castell, estendéndose polo chairo de Fontanelles. Llívia pertence á xurisdición de Puigcerdà.
Está limitada polos termos de Bourg-Madame e de Sainte-Léocadie, ao sur; de Ur e de Angoustrine-Villeneuve-des-Escaldes, a poñente; de Targassonne, por tramuntana; e de Estavar e de Saillagouse, a levante. O río Segre cruza o termo municipal, entrando por Estavar. Ao seu paso por Llívia, recibe as contribucións fluviais dos ríos Er, Targasona e Éguet. Cara ao nordés e detrás da crista do Puig do Castell, pode accederse ás tranquilas paraxes da font del Sofre, máis próxima e situada á pequena val de Estaüja, e da font del Ferro, na confluencia do torrente do Tudó coa riera de les Valls ou de Targasona.
No seu territorio destacan o Puig de Llívia (1.357,5 m), tamén chamado Turó del Castell, o Serrat de Baladret (1.428 m) e o Pla del Tudó (1.403 m), ademais da Roca Canal e o Serrat de Palmanill, formando unha pequena serra prolongada en dirección ao caos de Targasona e de Angostrina, e sobresaíndo da fértil chaira que rodea a vila.
Demografía A súa poboación en 2008 era de 1.517 habitantes, repartidos nun territorio de 12,83 km².
Principais actividades Festcat. Escola da festa. Celebrábase a segunda semana completa do mes de xullo, con cursos, talleres, espectáculos e actividades abertas a toda a poboación da comarca, nas que participaban destacados artistas e tertulianos. Realizouse desde 1996 ata 2012, ano no que se celebrou a derradeira edición debido á baixa participación.
Véxase tamén
Ligazóns externas Concello de Llívia
Categoría:Concellos da provincia de Xirona