Tomás Collado Herrero, nado en Nieva (Segovia) o 21 de decembro de 1925, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria Aínda que naceu na localidade segoviana de Nieva, viviu dende os dous meses en Xixón, onde comezou a xogar ao fútbol en equipos infantís. Pasou polo Olimpia e o Jalisco, antes de realizar o servizo militar en León, onde xogou na Cultural Leonesa e no Deportivo Maestranza Aérea, que militaba na Terceira División e co que debutou nun partido na Coruña fronte ao Xuvenil.
Trala desaparición do club leonés fichou pola UD Salamanca, coa que que xogou durante catro tempadas na Segunda División. Nas dúas últimas tivo como adestrador ao galego Santiago Losada, que o recomendou a Carlos Iturraspe, técnico do Deportivo da Coruña. Deste xeito converteuse en futbolista do Deportivo en setembro de 1953. Debutou na Primeira División na segunda xornada da tempada 1953/54 contra o Sporting de Gijón en Riazor, e foi titular durante case toda a campaña, con Zubieta e Rodolfo como compañeiros máis habituais na defensa.
Militou seis campañas no Deportivo da Coruña, catro delas na máxima categoría, e sumou 144 partidos oficiais e 4 goles. En maio de 1959 tributóuselle unha homenaxe no estadio de Riazor, cun partido amigable entre o Deportivo e o Zaragoza, no que o club coruñés xogou reforzado con futbolistas como Romero, Suco, Amarilla ou Jaburú. En outubro dese ano fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda División, co que xogou só tres partidos de liga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados na provincia de Segovia Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol