O Valencia CF Mestalla é o primeiro equipo filial do Valencia Club de Fútbol, de Primeira División. Fundado en 1944, xoga actualmente na Segunda División B Española.
Historia Inicios en Rexional Foi fundado o 6 de setembro de 1944 a partir da estrutura do CD Cuenca co nome de Club Deportivo Mestalla, o seu primeiro presidente foi Federico Blasco Marzo.
Na súa primeira tempada como filial valencianista, en Primeira Rexional, foi subcampión da categoría tras o CD Segarra, e campión Rexional de Afeccionados, onde acabou imbatido e sen encaixar un só gol. Este título deulle dereito a xogar o Campionato de España de afeccionados. No torneo conseguiu chegar á final, enfrontándose á Ferroviaria, un equipo filial da RENFE. O partido xogouse no campo do conxunto madrileño que levou a vitoria por 3-2. Nesa mesma tempada, ao confeccionarse os grupos de Terceira División, o Teruel renunciou á súa praza a cal ocupouna o CD Mestalla debido aos éxitos da tempada.
En Segunda División Na tempada 1946/47 queda segundo en Terceira División e logra o ascenso a Segunda. O seu máximo fito logrouno na tempada 1951/52 cando, tras acabar segundo do Grupo II de Segunda División, disputou a promoción de ascenso a Primeira División. Nela acabou primeiro por diante de equipos como o Racing de Santander e o Sporting de Xixón pero non puido ascender ao tratarse dun filial. Ata 1973 o Mestalla compite en Segunda 21 tempadas e 5 en Terceira División.
Entre a Terceira e a Segunda B Tras o último descenso a Terceira División o equipo compite nesta categoría durante 13 tempadas ata que en 1987 logra o ascenso a Segunda B. Nesta categoría participa no play-off de ascenso a Segunda 3 veces, en 1995, 1996 e 2002. En 1992, coa conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva o Mestalla pasa a chamarse Valencia CF B. En 2006 recupera o nome de Mestalla.
Na tempada 2006/07 xoga no Grupo III de Segunda División B, pero perde a categoría tras perder contra o Real Valladolid B a promoción de descenso a Terceira División. A tempada seguinte logra o ascenso a Segunda B. Tras unha mala tempada 2009/10 o equipo volve descender a Terceira. Na tempada 2010/11 queda campión de grupo e supera a eliminatoria, volvendo á Segunda B.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca con detalles negros, pantalón negro e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta negra con detalles laranxas, pantalón laranxa e medias laranxas.
Estadio O Valencia Mestalla disputa os seus partidos no campo da Cidade Deportiva de Paterna. O estadio ten capacidade para 3.000 espectadores.
Datos do club Tempadas en 2ª: 21 Tempadas en 2ªB: 19 (Incluída a 2014/15) Tempadas en 3ª: 27 Tempadas en Rexional: 3 Mellor posto na liga: 2º en Segunda (tempada 1951-52) Peor posto na liga: 20º en Segunda (tempada 1972-73) Posto na Clasificación histórica de filiais: 3º
Palmarés Torneos nacionais
Terceira División Española (7): 1957-58, 1970-71, 1982-83, 1984-85, 1991-92, 2004-05 e 2010-11
Outros premios Trofeo Amberes (1): 1965
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do Valencia CF Novas do Valencia B Web do Valencia Mestalla en Futbolme.com
Categoría:Valencia CF Valencia Mestalla Valencia Mestalla