Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.

Traxectoria Reside na Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade Historia, pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, realizou os Cursos de doutoramento en Historia Medieval no Departamento de Historia Medieval, Moderna e Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. Traballa na súa tese de doutoramento sobre A Orde do Temple nos reinos de Galicia e León. Profesionalmente é Historiador do Concello de Culleredo. Dedicoulle varios artigos á pianista e compositora Emilia Quintero Calé.

É membro numerario da Sociedad Española de Estudios Medievales, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, exvicepresidente da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, do padroado e do consello reitor da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais, da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, do Ateneo Republicano de Galicia, do Consello de Redacción da revista Dez-Eme, da Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras e do Comité científico da revista Anuario Brigantino do Concello de Betanzos. Tamén formou parte do colectivo poético Os habitantes do lago, e foi un dos fundadores do grupo de teatro Maiolongo de Culleredo en 1976.

Colabora coa Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA), e ten participado, en exposicións artísticas individuais ou colectivas en toda Galicia.

Obras Ensaio Sésamo e Sueiro. Dende a Prehistoria á Idade Media, 1997. Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia, 1998, edición do autor. Historia das parroquias de Sésamo e Sueiro, 1998, Asociacións de Veciños de Sésamo-Sueiro, 1997. Anxo Senra Fernández. Vida e obra, 1999, Toxosoutos. Os templarios. Artigos e ensaios, 2000, Toxosoutos. Versión en castelán na mesma editora en 2002. A Cultura en Culleredo na IIª República: o 'Ateneo de la Villa de Rutis', 2001, Ateneu Libertario Ricardo Mella. Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), 2002, Trifolium. A Galicia heterodoxa, 2010, Espiral Maior.

Poesía Río Alzheimer, 2013, Alvarellos.

Edicións Miradoiro da Ría. Artigos en El Metropolitano e El Entorno Metropolitano, 2001, edición do autor.

Obras colectivas Culleredo, 1996, Concello de Culleredo. Con Pablo Bouza e Belia Bellón López. Homenaxe a Eduardo Blanco Amor, 1998, Espiral Maior. Coeditor con Miguel Anxo Fernán-Vello. O que fixeron en Galicia. 1936, 1998, A Nosa Terra. Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936), 2003, Briga. Con Ana Romero Masiá. O orballo da igualdade. Asociacionismo femenino progresista na Coruña, 2005, Baía Edicións. Con Ana Romero Masiá. Sociabilidade e Librepensamento, 2005, Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais. Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media, 2005, Deputación da Coruña. Con Alfredo Erias e Xulio L. Valcárcel. Actas do II Congreso da Memoria. A Segunda República e a Guerra Civil, 2006, Edicións Embora. Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, 2011, Fundación Luís Tilve. Con Ana Romero Masiá. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Premios Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Ana Romero Masiá. Primeiro premio da XXXVII edición do Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Río Alzheimer''.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1959 Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados na diáspora galega