Xesús Pereiras López, nado en Monterroso en 1960, é un biólogo e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Bioloxía, doutorouse en 1995 pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Cambios estructurais en comunidades de mato incendiadas en Galiza, dirixida por Mercedes Casal Jiménez. Ten participado en diferentes proxectos de investigación sobre os incendios, na área de Ecoloxía do Departamento de Bioloxía Fundamental da USC. Está vinculado ao movemento ecoloxista como membro de ADEGA, e do equipo de redacción da revista Cerna. Actualmente é profesor universitario en Lugo.
Obras Poesía Canto da seiva, 2002, Espiral Maior.
Ensaio Os incendios forestais de Galicia, 2001, Baía.
Obras colectivas Os resíduos na Galiza: impacto ambiental e alternativas de tratamento, 1994, Baía. En colaboración de Ramón Varela Díaz e Manuel Soto. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Premios Premio Literario O Trasno do Porriño na súa modalidade infantil en 1975. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2002, por Canto da seiva.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Monterroso Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela