Paul Leonard Newman, nado en Shaker Heights (Ohio) o 26 de xaneiro de 1925 e finado en Westport (Connecticut) o 26 de setembro de 2008, foi un actor, director e produtor de cine estadounidense.

Traxectoria Orixes Fillo de Terézia Fecková, nada en Ptičie, Imperio Austrohúngaro (hoxe Eslovaquia), e Arthur Samuel Newman, estadounidense xudeu, fillo de emigrantes húngaros e polacos, cursa estudos elementais na Malvien Grammar School e na Shaker Heights School. En 1942 ingresa no Kenyon College universitario e ao ano seguinte alístase na Armada.

Cumpriu o servizo militar entre 1943 e 1945, nas bases de Okinawa e Guam. Tras servir na Armada durante a segunda guerra mundial, volveu a Kenyon, onde se graduou en Ciencias Económicas e formou parte do equipo de fútbol americano. Estudou posteriormente artes escénicas en Yale cunha bolsa do exército e o método Stanislavski no Actor´s Studio.

Carreira Despois de traballar de figurante e de facer pequenos papeis en diversas series de televisión, proba sorte no cine. O seu primeiro filme foi The Silver Chalice, cinta bíblica de luxosa produción dirixida por Victor Saville con regulares resultados tanto de público coma de crítica. Compartía cartel con Pier Angeli e Virginia Mayo.

O seu primeiro éxito chegoulle dous anos despois cunha película de enorme repercusión a nivel internacional, interpretando ao boxeador Rocky Graziano en Somebody Up There Likes Me de Robert Wise. Ese mesmo ano logra destacar nun filme de ambiente xudicial baseado nunha obra teatral, The Rack, de Arnold Laven. Un ano despois repite con Robert Wise nun melodrama criminal onde comparte cartel con Joan Fontaine e Jean Simmons, Until They Sail. Ese mesmo ano estrea a biografía musical da cantante Helen Morgan, The Helen Morgan Story, dirixida por Michael Curtiz.

En 1958 Newman estreará catro filmes, entre os que destaca sen lugar a dúbidas Cat on a Hot Tin Roof, de Richard Brooks, adaptación teatral da obra homónima de Tennessee Williams. Este filme marcará unha época e lanzará ao actor ao cumio da industria cinematográfica pola súa extraordinaria interpretación do atormentado Brick Pollitt así coma pola indubidable química en pantalla da parella protagonista, que formará xunto a Elizabeth Taylor. Burl Ives, Jack Carson e Madeleine Sherwood completan un grande elenco.

150px|esquerda|miniatura|Con Elizabeth Taylor en Cat on a Hot Tin Roof.

The Left Handed Gun, de Arthur Penn, revisión desmitificadora de Billy o Neno; The Long, Hot Summer primeira película do actor coa que sería a súa dona, Joanne Woodward e cun dos directores cos que máis traballaría ao longo da súa carreira, Martin Ritt; e a comedia Rally 'Round the Flag, Boys!, tamén serían estreados este ano.

En 1959 estrea unha historia sobre as presións da alta sociedade conservadora, The Young Philadelphians, na que interpreta a un xove e talentoso avogado que loita por se abrir camiño. A película, dirixida por Vicent Sherman, está baseada na novela de Richard P. Powell, The Philadelphian. Ao ano seguinte volve a traballar coa súa dona, Joanne Woodward, no melodrama From the Terrace e no drama histórico Exodus, producido e dirixido polo cineasta Otto Preminger, para o que Dalton Trumbo adaptaba o best-séller homónimo de Leon Uris sobre o nacemento do estado de Israel.

1961 parece dar un revés á xove estrela, ao estreares dúas cintas que pasan sen pena nin gloria: por un lado, a hoxe célebre pero no seu momento algo incomprendida O buscavidas, de Robert Rossen; polo outro Paris Blues, a súa segunda película con Martin Ritt, onde encarna a un xove músico de jazz que viaxa a París. Pero, dende 1962 en adiante, Newman vai encadeando un éxito tras outro, en títulos destacados coma Sweet Bird of Youth, nova adaptación dunha obra de Tennessee Williams, que supón o reencontro do actor co director e guionista Richard Brooks; Hemingway's Adventures of a Young Man e Hud de novo baixo a dirección de Ritt; a comedia Samantha onde volve a coincidir coa súa muller; a intriga The Prize con Mark Robson na dirección; e The Outrage, versión do filme de Akira Kurosawa Rashomon, con Martin Ritt na dirección, e onde completa un elenco encabezado por Edward G. Robinson, Laurence Harvey e Calire Bloom.

Filmografía como actor Na filmografía non se inclúen os cameos, os documentais para os que prestou a súa voz, nin as dobraxes. Ano Filme Director Personaxe 2005 Empire Falls (TV) Fred Schepisi Max Roby 2002 Road to Perdition Sam Mendes John Rooney 2000 Where the Money Is Marek Kanievska Henry 1999 Mensaxe nunha botella Luis Mandoki Dodge Blake 1998 Twilight Robert Benton Harry Ross 1994 Nobody's Fool Robert Benton Sully Sullivan 1994 The Hudsucker Proxy Joel Coen Sidney J. Mussburger 1990 Mr. & Mrs. Bridge James Ivory Walter Bridge 1989 Blaze Ron Shelton Gobernador Earl K. Long 1989 Fat Man and Little Boy Roland Joffé Xeneral Leslie R. Groves 1986 The Color of Money Martin Scorsese Eddie Felson 1984 Harry & Son Paul Newman Harry Keach 1982 The Verdict Sidney Lumet Frank Galvin 1981 Absence of Malice Sydney Pollack Gallagher 1981 Fort Apache, the Bronx Daniel Petrie Murphy 1980 When Time Ran Out... James Goldstone Hank Anderson 1979 Quintet Robert Altman Essex 1977 Slap Shot George Roy Hill Reggie Dunlop 1976 Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History Lesson Robert Altman Buffalo Bill 1975 The Drowning Pool Stuart Rosenberg Harper 1974 The Towering Inferno John Guillermin, Irwin Allen Doug Roberts 1973 O golpe George Roy Hill Henry Gondorff 1973 The MacKintosh Man John Huston Rearden 1972 The Life and Times of Judge Roy Bean John Huston Juez Roy Bean 1972 Pocket Money Stuart Rosenberg Jim Kane 1970 Ás veces unha grande noción Paul Newman Hank Stamper 1970 WUSA Stuart Rosenberg Rheinhardt 1969 Butch Cassidy and the Sundance Kid George Roy Hill Butch Cassidy 1969 Winning James Goldstone Frank Capua 1968 The Secret War of Harry Frigg Jack Smight Xeneral Harry Frigg 1967 A lenda do indomable Stuart Rosenberg Luke 1967 Hombre Martin Ritt John Russell 1966 Cortina esgazada Alfred Hitchcock Profesor Michael Armstrong 1966 Harper Jack Smight Lew Harper 1965 Lady L Peter Ustinov Armand Denis 1964 The Outrage Martin Ritt Juan Carrasco 1964 What a Way to Go! J. Lee Thompson Larry Flint 1963 The Prize Mark Robson Andrew Craig 1963 A New Kind of Love Melville Shavelson Steve Sherman 1963 Hud Martin Ritt Hud Bannon 1962 Hemingway's Adventures of a Young Man Martin Ritt O batallador 1962 Sweet Bird of Youth Richard Brooks Chance Wayne 1961 Paris Blues Martin Ritt Ram Bowen 1961 O buscavidas Robert Rossen Eddie Felson 1960 Exodus Otto Preminger Ari Ben Canaan 1960 From the Terrace Mark Robson David Alfred Eaton 1959 The Young Philadelphians Vincent Sherman Anthony Judson Lawrence 1958 Rally 'Round the Flag, Boys! Leo McCarey Harry Bannerman 1958 Cat on a Hot Tin Roof Richard Brooks Brick Pollitt 1958 The Left Handed Gun Arthur Penn Billy o Neno 1958 The Long, Hot Summer Martin Ritt Ben Quick 1957 Until They Sail Robert Wise Capitán Jack Harding 1957 The Helen Morgan Story Michael Curtiz Larry Maddux 1956 The Rack Arnold Laven Capitán Edward W. Hall Jr. 1956 Somebody Up There Likes Me Robert Wise Rocky Graziano 1954 The Silver Chalice Victor Saville Basil

Filmografía como director Ano Filme 1987 The Glass Menagerie 1984 Harry & Son 1980 The Shadow Box (TV) 1972 The Effect of Gamma Rays on Man-in-the-Moon Marigolds 1971 Ás veces unha grande noción 1968 Raquel, Raquel

Véxase tamén

Ligazóns externas Especial: Paul Newman 1925 - 2008 Europapress.es

Categoría:Actores de Ohio Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Cuyahoga, Ohio Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia eslovaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeopolaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeohúngara Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Óscar ó mellor actor Categoría:Óscar honorífico