Felipe Senén López Gómez, ás veces coñecido unicamente polos seus nomes propios Felipe Senén, nado no Carballiño o 10 de marzo de 1948, é un arqueólogo galego.
Traxectoria Fixo os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde traballou como colaborador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo. Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas, así como na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro; participou igualmente como supervisor de campo nas prospeccións arqueolóxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei) e mais nas da ermida de San Guillermo de Fisterra. En 1975 pasou a reorganizar aspectos no Museo Arqueolóxico da Coruña, localizado no Castelo de Santo Antón, e chegou a ser nomeado director-conservador. No 1996 pasou á Deputación da Coruña como Técnico de Xestión Cultural. É Numerario e Secretario do Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses.
Foi fundador da asociación cultural Avantar do Carballiño, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e da revista de pedagoxía O Ensino, coas que colaborou con artigos de divulgación e sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia. É o creador e animador de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña, inspiradora e base de Amigos dos Museos de Galicia. Preocupado pola linguaxe simbólica na tradición galega, así como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, ten participado en múltiples publicacións, artigos nos medios de comunicación de Galicia, folletos, guías, programas de radio, TV, prólogos etc. É autor de varios libros, especialmente sobre cuestións en relación coa identidade cultural e recursos turísticos.
Obras Arte popular en Galicia (1982). Sílex. ISBN 978-84-85041-64-0. Museos de La Coruña (1989). Everest. ISBN 978-84-241-4934-5. Roteiros de Compostela: Galicia-Portugal (1993). A Coruña: Equinoccio. ISBN 84-604-6732-5. San Xoán: coñecemento do medio cultural galego (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-87674-83-6. + 24 diapositivas. Festas parroquiais (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-87674-86-0. + 24 diapositivas. Magosto (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 9788487674846. + 24 diapositivas. Maios (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 9788487674822. + 24 diapositivas. Nadal (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 9788487674853. + 24 diapositivas. Festas populares de Galicia, colección de libros con diapositivas (1997). A Coruña: Baía Edicións. Prehistoria e historia dos primeiros galegos (1999). Lea. ISBN 978-84-89947-38-2. A Paixón e a Semana Santa en Galicia: coñecemento do medio cultural galego (2002). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-89803-96-X. + 24 diapositivas. Os primeiros galegos: prehistoria e arqueoloxía de Galicia (2003). Lea. ISBN 9788489947382. Xaquín Lorenzo Fernández 1907-1989): unha vida para a cultura dun pobo (2004). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-57-1 Andando a terra con Manuel María (2005). Concello de Santiago de Compostela. A auga e as fontes en Galiza (2010). Deputación de Ourense. 90 páxs. ISBN 9788492554096. Galicia: festas, feiras e romarías (2010). Turgalicia.
Obras colectivas Historia de Galicia, 1979, AN-PG. 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos. Historia de Galicia, 1992, A Nosa Terra. Xesús Ferro Couselo: a búsqueda da identidade e o encontro cos devanceiros, 1996, Espiral Maior. Con Carlos Díaz Martínez. Instantes dunha vida: Manuel Murguía, Día das Letras Galegas, Arteixo 2000, un nome, un pobo, unha data (2000, Concello de Arteixo). Con Henrique Rabuñal e Xosé Ramón Barreiro. Camiños de luz, 2002, Deputación da Coruña. A memoria do Carballiño, 2003, Xerais. Con Carlos Díaz Martínez. O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións. Amigos dos Museos de Galicia, 2007, Amigos dos Museos de Galicia. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Terra e mar: cesteiros na Ría de Vigo, 2008, Fundación Museo do Mar de Galicia. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. O Carballiño 1869-1979: álbum fotográfico da vila do Arenteiro, 2010, Deputación de Ourense.
Premios
2010: Chairego de Honra (Irmandade Manuel María, Vilalba). 2014: Navalla de Manuel María (Irmandade Manuel María, Outeiro de Rei). 2014: Bo e Xeneroso (Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso). 2016: Premio Arenteira (Hotel Arenteiro, O Carballiño). 2017: Medalla do Filandón do Courel. 2023: XXVII Premio Lois Peña Novo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Felipesenen.gal páxina persoal de Felipe Senén.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1948 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Arqueólogos de Galicia