The 13th Warrior é un filme estadounidense de 1999, baseado no libro Eaters of the Dead de Michael Crichton, escritor doutras coñecidas obras como Parque Xurásico e O Mundo Perdido. As linguas do filme en versión orixinal son o inglés, latín, grego, árabe, sueco, noruegués e dinamarquesa.
The 13th Warrior foi un fracaso económico. Os custos de produción e mercadotecnia ascenderon a $160 millóns e só recadou $61 698 899 nos cines.
Sinopse É unha película de aventuras que conta a historia de Ahmad ibn Fadlan -interpretado por Antonio Banderas-, un emisario árabe expulsado da súa terra por namorarse da muller dun importante home do califato de Bagdad. Como castigo é enviado como embaixador do califa ante os pobos do norte, os viquingos. No traxecto atópase cunha festa viquinga, e durante a mesma, uns enviados viquingos solicitan axuda ó líder tribal, xa que o seu pobo foi atacado por unha tribo de homes besta coñecidos como os wendols. A feiticeira tribal consulta as runas e determina que deben ser 13 guerreiros os que vaian ó rescate, e que o guerreiro número 13 debe ser estranxeiro. De xeito que Ahmed Ibn Fahdlan atópase envolto na historia sen tan sequera coñecer a lingua viquinga. Liderados por Buliwyf (Vladimir Kulich), a compañía encamíñase ó norte para defender un atemorizado poboado viquingo. Rodeado de inimigos salvaxes e temibles, Ibn Fahdlan terá que superar os seus medos máis profundos e participar na loita contra estes escuros seres, que xorden da néboa no medio da escuridade da noite.
Personaxes Os 13 Guerreiros Antonio Banderas como Ahmad ibn Fadlan o árabe, o guerreiro número 13 Vladimir Kulich como Buliwyf o líder, o guerreiro número 1 Clive Russell como Helfdane o gordo, o guerreiro número 2 Albie Woodington como Hyglak o pelexador, o guerreiro número 3 Daniel Southern como Edgtho o silencioso, o guerreiro número 4 Mischa Hausserman como Rethel o arqueiro, o guerreiro número 5 Oliver Sveinall como Haltaf o rapaz, o guerreiro número 6 Neil Maffin como Roneth o xinete, o guerreiro número 7 Tony Curran como Wealth o músico, o guerreiro número 8 John DeSantis como Ragnar o lento, o guerreiro número 9 Asbjørn Riis como Halga o sabio, o guerreiro número 10 Dennis Storhøi como Herger o xubiloso, o guerreiro número 11 Richard Bremmer como Skeld o supersticioso, o guerreiro número 12 Outros Omar Sharif como Melchisidek Erick Avari como o Líder da caravana Sven Wollter como o Rei Hrothgar Diane Venora como a Raíña Weilew
Produción e ingresos Orixinalmente titulado Eaters of the Dead, a produción comezou en agosto de 1997, pero o filme ó pasar por varias reedicións produto de tests de audiencia non foi ben acollido no seu corte inicial. Crichton asumiu el mesmo o cargo de director, facendo que a data de lanzamento fose aprazada máis dun ano. O título cambiouse a The 13th Warrior.
O orzamento, que orixinalmente era de arredor de $85 millóns, segundo os informes elevouse a $100 millóns antes da rodaxe principal. Cos gastos de lanzamentos e de promoción, o custo total da película ascendeu a $160 millóns, que dado a súa mediocre recadación en portelo (só gañou 61.698.899 dólares en todo o mundo), produciu unha perda de case $100 millóns.Dirks, T. 2010. Greatest Box-Office Bombs, Disasters and Flops of All-Time. [Online] Filmsite.org (Updated 2010) p.11. Available at: http://www.filmsite.org/greatestflops.html (page 11) [31 de decembro de 2011].
O resultado da produción do filme decepcionou tanto a Omar Sharif que se retirou do mundo da interpretación. Non aceptou un papel nun filme importante ata o 2003, con Monsieur Ibrahim:"Despois do meu pequeno papel en The 13th Warrior, díxenme a min mesmo: imos poñer fin a esta parvada, estes vales de comida que facemos xa que pagan ben. Pensei: A menos que me pareza un filme estupendo, que me encante e que me dean ganas de saír da casa a facelo, vouno deixar. Os malos filmes son moi humillantes, estaba realmente enfermo. É terrible ter que facer o diálogo dun mal guión, fronte a un director que non sabe o que está facendo, nun filme tan malo que nin sequera paga a pena explorar."
Banda sonora A banda sonora de The 13th Warrior foi composta orixinalmente por Graeme Revell e interpretada por Dead Can Dance e a cantante Lisa Gerrard. Foi rexeitada por Michael Crichton e substituída polo colaborador habitual de Crichton, Jerry Goldsmith.http://www.filmtracks.com/titles/13th_warrior.html O tema anterior á batalla final, chamado "Valhalla", foi empregado posteriormente en Kingdom of Heaven de Ridley Scott, na escena do asedio final.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Beowulf Viquingos
Ligazóns externas Ficha na IMDb Il 13° Guerriero (The 13th Warrior - John McTiernan, 1999) Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua latina Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John McTiernan Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados na Columbia Británica Categoría:Filmes ambientados en Rusia Categoría:Filmes ambientados en Bagdad Categoría:Filmes ambientados no século X Categoría:Filmes ambientados na era viquinga Categoría:Filmes sobre canibalismo Categoría:Filmes baseados na mitoloxía nórdica Categoría:Filmes baseados en Beowulf Categoría:Filmes baseados en obras de Michael Crichton