Claudio Tolomeo, ou Claudio Ptolomeo nado en Exipto no ano 100 e finado no 178, foi un polígrafo grego, recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronomía e cartografía (onde ficou coñecido por ser un dos primeiros cartógrafos, se non o primeiro, en usar escala nos mapas). Traxectoria Tolomeo viviu e traballou en Alexandría, en Exipto. A súa grande obra astrolóxica foi coñecida como Tetrabiblos, o primeiro manual da especialidade, baseado en escritos e documentos máis antigos babilónicos, exipcios e gregos. Alén diso, publicou tamén un libro chamado Xeografía. O seu sistema cosmolóxico ensinaba que a Terra estaba no centro e os outros corpos describían círculos concéntricos ao seu redor.

Tolomeo foi considerado o primeiro "científico celeste". El sufría serios problemas con supostas "voces" interiores. Algúns historiadores afirman que foi Tolomeo quen escribira que a suma de dous catetos elevados ao cadrado é igual a hipotenusa elevada ao cadrado. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Período helenístico Categoría:Exipto Categoría:Astrónomos da Grecia antiga