Álvaro Negredo Sánchez, nado en Madrid o 20 de agosto de 1985, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Cádiz CF da Liga Santander . É alcumado "El tiburón de Vallecas". Xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Eurocopa de 2012 e foi convocado para xogar os partidos de clasificación para o Mundial de 2010.

Carreira profesional Inicios Negredo comezou a xogar ao fútbol en Vallecas e axiña ingresou nas categorías inferiores do Rayo Vallecano. En 2004 foi ascendido o primeiro equipo e disputou a Segunda división B, categoría que disputaba o club vallecano naquel intre.

No verán de 2005 foi fichado polo Real Madrid C.F. para incorporalo a súa filial Real Madrid Castilla, da Segunda división. O seu debut coa camiseta do filial madridista foi na final do Trofeo Teide, que acabou con vitoria por 2-1. Na súa primeira tempada non disputou moistos partidos, debido a que Roberto Soldado era dianteiro centro titular, pero coas constantes convocatorias do valencián o primeiro equipo comenzouse a facer un oco no once titular.

Na tempada 2006-07 Álvaro Negredo foi fixo no once do Castilla e tivo un torneo destacado, pese a que o seu equipo descendeu a Segunda B, ao converterse nun dos goleadores da competición e o máximo artilleiro do Castilla con 18 tantos.O seu desempeño chamou a atención do italiano Fabio Capello, adestrador do primeiro equipo, que o convocou para algúns partidos da Copa do Rei.

U.D. Almería En xulio de 2007 é contratado polo UD Almería da Primeira división, gardándose o Madrid unha opción de recompra máxima de dous anos. O 26 de agosto de 2007 debuta na Primeira División na vitoria ante o Deportivo da Coruña por 3-0 marcando o primeiro gol da tempada para o conxunto vermellibrancos. O 2 de febreiro de 2008 fixo un dos dous goles cos que o seu equipo venceu o seu exequipo Real Madrid, o líder da competencia nese momento. O 19 de abril marcoulle en dúas ocasions o Sevilla F. C. na vitoria dos vermellibrancos 4-1 en su visita o Sánchez Pizjuán. Na súa primeira tempada cos andaluces marcou 13 goles, deixando os almerienses na oitava posición.

Xa na segunda tempada, en febreiro de 2008 marcoulle un par de goles o Valencia C.F. a pesar da derrota do seu equipo por 3-2 na súa visita o Mestalla. Para o 19 de abril volveu a marcar un dobrete fronte o Osasuna cando vencen o cadro vermello por 2-1. A segunda campaña concluíu como un dos máximos anotadores da liga con 19 tantos, aínda que o seu club tivo un retroceso ao acabar na posición décimo primeira.

Sevilla F.C. Ao finalizar a súa segunda tempada co Almería, o Real Madrid exerceu a opción de recompra que gardaba por un prezo estimado de 5 millóns de euros. O 20 de agosto do 2009 o Sevilla F. C. chegou a un acordo co Real Madrid e fichou ao futbolista cun contrato de 5 anos. Os detalles da operación non foron dados a coñecer polos clubs, pero a prensa sinalou que foi próxima aos 15 millóns de euros, a fichaxe máis cara da historia sevillista, cunha cláusula de 80 millóns de euros. Acabou a tempada 2009-2010 marcando 15 goles.

Selección nacional O 6 de outubro de 2009 Negredo é convocado por Vicente del Bosque a Selección de fútbol de España para disputar os partidos de clasificación á Copa Mundial de Fútbol de 2010 en contra da Armenia e Bosnia e Herzegovina. No partido contra Armenia, Negredo fai o seu debut, o entrar de cambio no segundo tempo por Fernando Torres. Nese partido España imponse por 2-1. No seguinte partido contra Bosnia e Herzegovina, Negredo anota o seu primeiro dobrete coa selección. Nese partido España imponse por 2-5.

O 20 de maio de 2010, pese a ser preconvocado para o Mundial de Suráfrica 2010, o seleccionador español decide deixalo fóra da lista definitiva para o torneo.

Clubs e estadísticas Última actualización: 24 de novembro de 2010 ClubTempadaA LigaCopaChampions LeagueEuropa LeagueTotalxogadosGolesxogadosGolesxogadosGolesxogadosGolesxogadosGolesRayo Vallecano2004/05121------121Real Madrid Castilla2005/06254------2542006/074018------4018UD Almería2007/08361320----38132008/09341910----3519Sevilla F.C.2009/1034116271--47142010/1112512--31168 Total en Primeira 116 48 10 4 7 1 3 1 129 54 Total na súa carreira 193 69 10 4 7 1 3 1 213 77

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa do ReiSevilla FCEspaña2010

Distincións individuais DistinciónAnoTrofeo Zarra2011

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no SevillaFC.es Ficha en As.com Club de fans oficial desde o 15 de marzo de 2008

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Middlesbrough FC Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Gañadores do Trofeo Zarra