Fidel Vidal Pérez, nado en Ribeira o 19 de xaneiro de 1942, é un psiquiatra, pintor e escritor galego.

Traxectoria Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Reside na Coruña desde 1972, onde exerce como a súa profesión. Foi profesor de Ciencias Psicosociais e de Enfermería Psiquiátrica na Universidade da Coruña. Pertence á Asociación Galega de Saúde Mental e á Asociación de Escritores en Lingua Galega. Entre outras publicacións, ten colaborado en Luzes de Galiza e Casahamlet (A Coruña), así como en Mani Art (Francia), Art-Life (Estados Unidos), De Segni di Sogni (Italia), Copy-Left (Suíza), ou Leopold Bloom (Hungría).

Como pintor expuxo, ademais de Galicia en Madrid, Barcelona, Huelva, Utrecht, Seattle, Florianópolis, Milán, Oslo e Ontario.

Obra en galego Poesía A camelia oxidada, 2006, Deputación de Pontevedra.

Narrativa Un asasino felizmente casado, 2015.

Ensaio Anatomía da emoción poética, 1999, Ediciós do Castro. Arte na esquizofrenia e outros excesos, 2008, Laiovento. O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio, 2010, Espiral Maior.

Obras colectivas Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro. Desde mil novecentos trinta e seis, 1995, Ediciós do Castro. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. Voces na materia, 2006, Barbantia. Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña. Banqueiros, 2012, Laiovento. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Obra en castelán Obras colectivas Antología de la poesía visual, 2005. Poesía española. Una propuesta. De la generación del 68 a la del 2000, 2008, Barcelona.

Premios Premio La Hora XXV de novela curta en 1969 con La sapa.

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela