Teina Bishop, nado o 11 de abril de 1959 en Aitutaki, é un político das Illas Cook.
Traxectoria
Bishop estudou na Universidade do Pacífico Sur e logo traballou como profesor de secundaria e en 1991 montou coa súa dona a súa propia empresa Bishops Cruises e en 1994 unha tenda en Arutanga. Accedeu por primeira vez ao Parlamento das Illas Cook como representante do Partido das Illas Cook na circunscrición de Arutanga-Reureu-Nikaupara. En 2003 renunciou ao seu escano logo de recurtes presupostarios que afectaban á súa circunscrición,, forzando eleccións parciais na súa circunscrición que gañou sen oposición. Bishop foi ministro de Medio Ambiente e Illas Exteriores durante cinco meses en 2006 e logo de gañar o seu partido as eleccións de 2010 entrou de novo en decembro de 2010 no gabinete como ministro de Educación, Recursos Mariños e Turismo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina do parlamento das Illas Cook
Categoría:Ministros das Illas Cook Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados nas Illas Cook