Xosé Daniel Costas Currás, nado en Moaña o 6 de xullo de 1981, é un político e poeta galego.
Traxectoria Membro fundador da Asociación Cultural Lonxa Literaria de Moaña. Activista social e cultural vinculado á vila de Moaña, exerceu durante anos como responsable local do BNG de Moaña ata que abandona a formación frentista no ano 2013. No ano 2019 preséntase ás eleccións municipais de número 8 na lista encabezada por Leticia Santos Paz como independente na lista do BNG. En setembro do 2020 accede á corporación substituíndo a Paulo Ríos como concelleiro de Mocidade e Igualdade do Concello de Moaña.
Nas eleccións de 2023 convértese en primeiro tenente de alcaldesa do Concello de Moaña e concelleiro de Obras e Servizos, e Participación veciñal.
Obra Poesía Conservas, Sotelo Blanco, 2010. Infancia de vacas mortas, Barbantesa, 2012. Monicreques, 2012, PEN Galicia. De costumes e agoiros do Mar do Norte (2023). A Coruña: Medulia. 56 páxs. ISBN 978-84-19438-54-6.
Obras colectivas X. M. Tomé. Antolóxica, 2007, Universidade de Santiago de Compostela. Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar. Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, A Nave das Ideas, 2011. Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. XX aniversario Premio de Poesía Afundación (2002-2022). Obra en cinco volumes.
Premios Mención de honra no certame GZ Crea no 2008, por Revoluciona(me). Accésit TI Premio de Poesía Terras de Chamoso (Lugo), por Beizos de man de illa. Primeiro Premio III Premio de Poesía Terras de Chamoso, por O delicado cheiro de Aumaxab Marma. Accésits nos premios de poesía da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo no 2009, por Le petit canteiro e Versos alineados á esquerda con espazos e silencios. Gañador do XXII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2009, por Conservas. Premio da Universidade de Vigo no 2010, por Marés de xiz. Gañador do X Premio de poesía Novacaixagalicia no 2011, por Monicreques. Terceiro premio no XII Premio de poesía Díaz Jácome no 2011.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas Entrevista en La Voz de Galicia Entrevista en Faro de Vigo Blog do libro Monicreques
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1981 Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón