Elisabet Ríos Liste, nada en Londres en 1976, é unha escritora e profesora galega.
Traxectoria Trasladouse con poucos anos ás terras de Ordes e, despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía (Porto, Lisboa, Azores, Cabo Verde), instalouse en 2003 ao pé do Castro de Elviña. Actualmente, desenvolve a súa actividade desde Cambre. miniatura|A autora con Ramón Rozas na presentación de Luns, en Pontevedra, 04/11/2017 Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega.Páxina web de A Sega En 2018 colaborou na revista Ligeia. Dende hai varios anos traballa no IES Xosé Neira Vilas (Oleiros), dando a súa especialidade a lingua galega.
Obra Poesía Nós escoitando o badalo de Marienplatz, Espiral Maior Edicións, 2010. Maria, 2013, O Figurante. Anamnese, 2014, Sotelo Blanco. Diario de fotogramas, 2014, Concello de Ribeira. Doe tanto a túa ausencia (traxedia dun solitario acto), 2015, Concello de Outes. Café intenso, 2017, Concello de Padrón. Culpable, 2017, Xerais. Se calhar não é o tempo o que importa, 2019, Urutau Ningunha tortilla é mala, 2019, Deputación da Coruña.
Novela Luns, 2017, Xerais, premio Torrente Ballester de narrativa en 2016. Traducida ao castelán. Remexido de patacas, 2019, Baía Edicións Premio Modesto Figueiredo en 2015. O ceo das reixas (2019). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-550-9.
Literatura infanto-xuvenil Bicha, 2015, Deputación de Ourense. Marta e a píntega, 2016, Galaxia. DX, 2018, Urco Editora. RdC (2026). Baía Ed. ISBN 9788499954783.
Ensaio Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno, 2016, Urco Editora.
Obras colectivas Rúa da Cancela, 2010, A. C. Caldeirón. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.150 Cantares para Rosalía de Castro De circes e morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño, 2015, A Sega.De circes e morganas en Issuu. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Manuel María, libro colectivo de homenaxe no seu día das Letras Galegas 17 de maio de 2016, 2017, Deputación de Lugo. El vigilante de las estrellas y otros cuentos, 2018, Cazador de Ratas Editorial. Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis. Un xardín de medio lado, 2019, Urutau Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia. Luísa Villalta. Alma de violino (2023). Vigo: Xerais. Con Beatriz Maceda e ilustracións de Laura Sánchez. 48 páxs. ISBN 978-84-1110-447-0.
Premios XII Premio de poesía Concello de Carral no 2009, por Nós escoitando o badalo de marienplatz. IV Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2009, por Rúa da Cancela. I Premio de Poesía Figurante no 2013, por Maria. II Premio de poesía Manuel Lueiro Rey no 2014, por Anamnese. XVIII Certame Francisco Añón de Poesía no 2014 por Doe tanto a túa ausencia. Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes en 2014, por Diario de fotogramas. Premio Modesto R. Figueiredo en 2014, por Remexido de patacas. XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración de 2014, por Bicha. I Premio de Poesía Rosalía de Castro en 2015, por Café intenso. Premio Torrente Ballester 2016 por Luns. IV Premio de poesía Gonzalo López Abente en 2017 por CulpableEli Ríos gaña o premio de poesía Gonzalo López Abente coa obra «Culpable». Premio de poesía Miguel González Garcés 2018 por Ningunha tortilla é mala. 2º premio no XIV Premio de Narración Curta Concello de Curtis en 2019 por Zetavacas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Blog de Eli Ríos Ficha da autora na AELG Perfil en As escollas electivas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1976 Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Escritores de literatura erótica Categoría:Nados na diáspora galega