Mohamed Ghannouchi, grafado en árabe محمد الغنوشي, nado o 18 de agosto de 1941 en Sousse (daquela Tunisia Francesa), é un político tunisiano que foi primeiro ministro do seu país do 17 de novembro de 1999 ao 27 de febreiro de 2011 e presidente durante unhas horas o 14 de xaneiro de 2011, como consecuencia da revolta que depuxo o seu predecesor Zine El Abidine Ben Ali .
Traxectoria Ghannouchi é un político longamente activo na historia de Tunisia. Afiliado ao Movemento Constitucional Democrático, foi elixido en repetidas ocasións como deputado do Parlamento de Tunisia, se ben as eleccións nunca foron completamente democráticas. De 1992 a 1999 foi ministro de Cooperación Internacional e Investimentos Estranxeiros no goberno de Hamed Karoui, e de 1999 a 2011 directamente primeiro ministro de Tunisia, elixido por Zine El Abidine Ben AliTUNISIA - Mohamed Ghannouchi AllBusiness, 9 April 2001.
En 2006, nun cable diplomático estadounidense filtrado en 2010 por Wikileaks, a Ghannouchi describíano como un político lixeiramente popular entre a poboación. De perfil tecnócrata, era coñecido como "Monsieur Oui Oui" (señor si si) pola súa fidelidade ao presidente Ben Ali.
O 14 de xaneiro de 2011, e como consecuencia dunha revolta popular, viuse forzado a destituír os seus ministros e formar un novo goberno, á espera da convocatoria de eleccións parlamentarias en seis meses. Porén, horas despois, sen tempo para nomear goberno, o presidente Ben Ali saíu do país e esa mesma noite Ghannouchi anunciou na televisión estatal que asumía o control temporal do país ata a convocatoria de novas eleccións no prazo de dous meses.
Á mañá seguinte, o Tribunal Constitucional de Tunisia declarou presidente interino o presidente do Parlamento, Fouad Mebazaa, seguindo o disposto na Constitución do país, co que Ghanouchi seguiu actuando unicamente como primeiro ministro, coa misión de formar un goberno de unidade nacional onde estivesen presentes representantes dos partidos da oposición legal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do goberno de Tunisia
Categoría:Primeiros ministros de Tunisia Categoría:Presidentes de Tunisia