Castañeda é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Piélagos e Villaescusa, polo oeste con Puente Viesgo, polo sur con Santiurde de Toranzo e polo leste con Santa María de Cayón.

O municipio está situado na cunca do río Pas, na comarca do Pas-Miera. Por Castañeda discorre o río Pisueña.

Localidades La Cueva Pomaluengo (Capital) Socobio Villabáñez

Economía

Tradicionalmente, as actividades económicas do municipio foron as do sector primario: agricultura e gandaría, pero grazas ás industrias próximas e ao turismo, a actividade despregouse cara aos sectores secundario e de servizos.

Historia

Desde a Idade Media, cando Henrique II de Castela entregou estas terras en señorío a seu irmán o infante Tello de Castela, e Xoán II de Castela as instituíu en condado, Castañeda estivo vinculada durante a baixa Idade Media e todo o Antigo Réxime á casa dos Marqueses de Aguilar de Campoo cuxos primoxénitos ostentaron tradicionalmente o título de condes de Castañeda. miniatura|300px|Vista de Pomaluengo.

Patrimonio miniatura|esquerda|Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, do século XII. Destaca a Colexiata da Santa Cruz, en Socobio, ben de interese cultural con categoría de monumento. Ademais, é ben inventariado o muíño El Carabío, en Pomaluengo. Outras obras arquitectónicas destacadas son o Palacio da Gándara, da Idade Moderna, o Palacio de Larrinaga, dos anos 30 do século XX (Casa do Concello), a ermida de San Fernando no barrio de Colsa, con frescos do século XVI e a Torre do Reloxo en Pomaluengo, antigas escolas.

Demografía

Administración

As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007. Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PRC 598 51,33 % 5 PP 465 39,91 % 4

Alcalde electo: Miguel Ángel López Villar (PRC).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 512 42,31 % 4 PRC 494 40,83 % 4 PSOE 107 8,84 % 1

Alcalde electo: Miguel Ángel López Villar (PRC).

Véxase tamén Ligazóns externas

Castañeda - Cantabria 102 Municipios