miniatura|200px|dereita|A teoría da xeración espontánea aplicábaselle a insectos, vermes e pequenos seres vivos (como os ratos), que non parecían xerarse por bioxénese.

A teoría da xeración espontánea supoñía que os seres vivos considerados inferiores nacían espontaneamente da materia orgánica en descomposición, ou ben da materia mineral cando esta se atopa en determinadas condicións, mentres que o home e os seres vivos superiores foran creados directamente por Deus.

Para demostrar esta teoría, os seus defensores baseábanse na (incorrecta) observación diaria: os vermes nacían na terra, na lama ou na carne en putrefacción; as moscas tamén na carne en descomposición; os ratos no lixo etc.

Esta antiga teoría biolóxica, hoxe tamén é coñecida como abioxénese e tamén como autoxénese, termo este último cuñado por Thomas Huxley en 1870 para se referir orixinalmente a aquela, en oposición á orixe da xeración por outros organismos vivos ou bioxénese.

O problema da orixe da vida

Aínda que a exacta complexidade da bioquímica celular dos seres vivos non foi coñecida até hai uns poucos anos, sabíase desde sempre que a estrutura de animais e plantas era moito máis complicada cá da materia inerte.

Hai xa moitos séculos que este coñecemento levou aos homes a preguntárense a orixe desta complexidade ou, o que é o mesmo, a orixe da vida. A humanidade, tradicionalmente, buscou unha explicación aos problemas relacionados coa orixe da vida. Diversos pobos primitivos resolveron a pregunta sobre la base de crenzas relixiosas, mitos e a intervención divina.

O problema da orixe da vida pode abordarse desde puntos de vista moi diversos. A converxencia de todos eles nunha única resposta é moi difícil, entre outros motivos, porque a maioría das solucións propostas non se poden probar, e forman parte dos dogmas relixiosos. Porén, cando se aborda o problema da orixe da vida desde unha perspectiva biolóxica, pódense poñer en evidencia feitos obxectivos e concretos que abren as portas a unha resposta verosímil.

A principios do século XX, o problema da orixe da vida avanzou a pasos de xigante grazas ás investigacións sobre a orixe da Terra. A Terra formouse hai 4.600 millóns de anos, e 1.000 millóns da anos despois xa existían organismos vivos rudimentarios, tal como proban os restos fósiles máis antigos que se coñecen.Véxase o artigo Estromatólito

Visión histórica

Antigüidade 200px|miniatura|esquerda|Busto de Aristóteles conservado no Palazzo Altaemps, en Roma. Copia do orixinal de Lisipo.

A pouca base científica existente na antigüidade deu lugar a que a solución á pregunta da orixe da vida se achase en doutrinas máis filosóficas que científicas, entre as que destacou claramente a teoría da xeración espontánea, que tivo vixencia até o século XIX.

Os antigos exipcios e os babilonios crían que os ratos, os sapos e determinadas víboras nacían na lama do río Nilo, que as moscas, as abellas e algunhas larvas proviñan da suor e que os vermes xurdían dos alimentos en descomposición.

Séculos máis tarde, o filósofo grego Aristóteles (384 a.C. — 322 a.C.), manifestouse como un dos principais defensores desta teoría, e admitía que, en xeral, os seres vivos se orixinan doutros seres vivos semellantes, pero igualmente podían orixinarse da materia inerte. Describía como proba casos de xeración espontánea nas moscas, mosquitos e couzas, en vertedoiros de lixo, e mesmo a aparición de peixes a partir de algas en descomposición.Fernández Ruiz, B. (1980): La vida: origen y evolución. Barcelona: Salvat., páx. 14

Escribiu numerosos documentos nos que describía diversos exemplos de xeración espontánea. Segundo as súas palabras:

A autoridade de Aristóteles tivo grande influencia en séculos posteriores, sobre todo porque a súa hipótese vitalista da vida cadraba moi ben coas concepcións relixiosas do cristianismo.

Esta tendencia representárona sobre todo os filósofos chamados neoplatónicos (cómpre recordar que Platón foi o mestre de Aristóteles), á fronte dos cales estaba Plotino (século II a.C.), quen consideraba a xeración espontánea como o resultado da entrada na materia dun espírito vivificador.

Plotino foi o primeiro, pois, en expoñer o concepto de forza vital ou espírito vital, que tan utilizado foi polos vitalistas posteriores.

Tamén no século II a.C. o poeta romano Virxilio (76-19 a.C.) afirmaba que as abellas se orixinaban a partir do mel.

Idade Media miniatura|200px|dereita|San Tomé de Aquino

Todo o pensamento da Idade Media está grandemente influído por Aristóteles e, por tanto, a crenza na xeración espontánea mantense, practicamente sen oposición, e mesmo arrequecéndose debido non a observacións científicas, senón a fantásticas fábulas.

Por exemplo, chegouse a dicir que as follas de determinadas árbores ao caeren á auga producían peixes, mentres que se caían en terra convertíanse en aves. Outra fábula falaba de certa árbore oriental que daba grandes froitos en cuxo interior se atopaba un cordeiro que permanecía unido polo ventre ao tronco da árbore; como proba aducían "ter comido a súa carne".Fernández Ruiz, B. (1980): La vida: origen y evolución. Barcelona: Salvat, páx. 14.

Nesta época, os chamados padres de Igrexa, como San Basilio (igrexa oriental) ou Santo Agostiño (igrexa occidental), consideraban a xeración espontánea como unha verdade indiscutíbel, moi de acordo coa Biblia, sempre que se aceptar que o "espírito vivificador" da materia era insuflado por Deus.

Estas ideas foron tamén defendidas por San Tomé de Aquino (1225 - 1274), un dos principais teólogos da igrexa católica e os escolásticos, seus seguidores. San Tomé cría que ras, sapos e cobras se xeraban a partir da auga en estado de putrefacción. A teoría da xeración espontánea non era incompatible nin coas crenzas católicas nin con moitas outras crenzas relixiosas. E algúns autores citaban a Biblia, segundo a cal Deus creara o home a partir do barro, como un argumento a prol da xeración espontánea.

Idade Moderna miniatura|200px|dereita|Ambroise Paré.

Mesmo no Renacemento, época na que a observación dos fenómenos naturais é cada vez maior e máis exacta, séguese a admitir a teoría da xeración espontánea.

O cirurxián francés Ambroise Paré (1509 - 1590) afirmaba que desenterrara unha pedra oca e pechada, na que encontrara preso un enorme sapo. Segundo Paré, este animal só podería ter xurdido da humidade. 100px|miniatura|esquerda|William Harvey William Harvey (1578 - 1657), célebre polo descubrimento da chamada circulación maior do sangue, pese a pronunciar a famosa frase omnium vivum ex ovo ("todo ser vivo procede dun ovo"), segue admitindo a posibilidade da xeración espontánea para animais inferiores, como vermes e insectos.

No mesmo caso atópase o médico e alquimista belga Jan Baptista van Helmont (1580-1644), autor de numerosos traballos sobre fisioloxía vexetal, que non só admite a xeración espontánea, senón que incluso a apoia con determinadas observacións; aínda chegou a publicar unha receita para producir ratos a partir de grans de trigo e unha camisa de home suada.Fernández Ruiz, B. (1980): La vida: origen y evolución. Barcelona: Salvat, páxs. 14-15.

Entre outras cosas, escribiu:

miniatura|esquerda|150px|van Helmont

Homes tan destacados como Descartes (1596 - 1650) e Newton (1642 - 1727), que estableceron leis exactas da natureza, aceptaron sen crítica ningunha a xeración espontánea.

Pero a partir do século XVII tamén se fixeron diversos experimentos que probaban que os seres vivos se forman unicamente a partir doutros seres vivos.

Algunhas destas experiencias servirían para evidenciar que os vermes, as moscas e outros animais dos considerados inferiores só aparecían en presenza dos correspondentes ovos, aínda que se continuara pensando que os microorganismos podían xurdir espontaneamente nos denominados caldos nutritivos.

Un dos primeiros en enfrontarse ao "dogma" da xeración espontánea, e o primeiro que demostrou a falsidade desta teoría foi o médico italiano Francesco Redi (1626 - 1697) que, cousa infrecuente na súa época, recorre ao método científico para comprobar a veracidade (ou non) de dita teoría, como veremos máis adiante. Aínda así, os investigadores máis críticos tiveron que enfrontarse ás crenzas que durante séculos se tiveran como verdadeiras, co que moi frecuentemente se poñía en dúbida a súa credibilidade.

Idade Contemporánea miniatura|esquerda|200px|Retrato de Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, por François-Hubert Drouais. miniatura|dereita|Lamarck situou a xeración espontánea no punto de partida da evolución biolóxica.

O matemático, biólogo, cosmólogo e escritor Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon (1707-1788) e o biólogo Jean-Baptiste de Monet, cabaleiro de Lamarck (1744-1829), ambos os dous franceses, mostráronse igualmente partidarios da xeración espontánea.

O prestixioso Buffon consideraba que a materia viva estaba formada por unidades, que el chamaba moléculas orgánicas. Estas unidades eran inmutábeis e, ao unírense entre elas, formaban os diferentes organismos vivos. Cando un organismo morría, as súas moléculas separábanse para recombinarse posteriormente dando lugar a outros organismos vivos.

Lamarck, pola súa parte, publicou, en 1809, a súa obra Filosofía zoolóxica, situando a xeración espontánea no punto de partida da evolución biolóxica.

No século XIX producíronse apaixonadas discusións entre os partidarios da xeración espontánea e os seus detractores. En xeral, aceptábase a falsidade da teoría da xeración espontánea para os organismos superiores, pero seguía manténdose a crenza da súa veracidade en relación cos microorganismos. Os científicos esforzáronse, daquela, na realización de experiencias de todo tipo para intentar probar ou refutar esta teoría.

Xa na segunda metade do século, no ano 1860, a Academia de Ciencias Francesa promoveu un concurso para resolver o dilema da xeración espontánea. Gañou o premio o microbiólogo francés Louis Pasteur (1822-1895) cunha serie de experiencias, perfectamente deseñadas (e que logo veremos), que non deixaban a menor dúbida: a materia viva non podía xurdir da materia non viva.

Os traballos de Pasteur víronse reforzados polas ideas do naturalista británico Charles Darwin (1809 - 1882) que propuxo que a vida, tal como hoxe a coñecemos, é o resultado dun longo e constante proceso de selección natural. Darwin sentou as bases da moderna teoría da evolución, que influíu de maneira determinante nas ideas científicas do momento e do pensamento moderno en xeral.

Un dos investigadores que se viron especialmente atraídos polos traballos de Darwin foi o bioquímico ruso Aleksandr Ivánovich Oparin (1894 - 1980), quen formulou a primeira teoría coherente sobre a orixe da vida na Terra. Oparin explicou esta orixe en termos de procesos químicos e físicos.

O método científico contra a filosofía: experimentos en contra da xeración espontánea

O experimento de Redi miniatura|200px|esquerda|Francesco Redi

Como vimos, o primeiro en enfrontarse á teoría da xeración espontánea foi, xa no século XVII, foi Francesco Redi, que recorrera ao método científico, cousa infrecuente naquela época. Neste senso, particularmente importantes son as súas Esperienze Intorno alla Generazione degl'Insetti (Experiencias sobre a xeración dos insectos), de 1667.

Neste traballo, Redi demostrou que, polo menos para os organismos visíbeis, como as moscas, esta teoría era falsa. Para facer iso, preparou un sinxelo experimento consistente en deixar durante varios días uns anacos de carne de cobra nuns frascos, parte dos cales quedaban descubertos e parte pechados hermeticamente mediante un pergameo.