A gripe ou influenza, é unha enfermidade infecciosa de aves e mamíferos causada por un tipo de virus de ARN da familia dos Orthomyxoviridae.
Nos seres humanos afecta ás vías respiratorias, inicialmente pode ser similar a un arrefriado e con frecuencia acompáñase de síntomas xerais como dor de garganta, debilidade, dores musculares (mialxias), dor estomacal, articulares (artralxias) e de cabeza (cefalea), con tose (que xeralmente é seca e sen mucosidade), malestar xeral e algúns signos como poida ser a febre. Nalgúns casos máis graves pode complicarse con pulmonía (pneumonía), que pode resultar mortal, especialmente en nenos pequenos e sobre todo en anciáns. Aínda que se pode confundir co arrefriado común (catarro), a gripe é unha enfermidade máis grave e está causada por un tipo diferente de virus. Tamén pode provocar, máis a miúdo en nenos, náuseas e vómitos, que ao ser síntomas de gastroenterite fai que se denomine gripe estomacal ou abdominal.
A gripe xeralmente transmítese polo ar desde individuos infectados a través de pingas en forma de aerosol cargadas de virus (procedentes de secreción nasal, bronquial ou saliva que conteña algúns deles), que son emitidos coa tose ou cos esbirros ou só ao falar. Tamén é transmisible pola sangue e polas superficies ou obxectos contaminados co virus, que se denominan fomites.
Os virus da gripe resisten máis en ambiente seco e frío. Poden conservar a súa capacidade infectiva durante unha semana á temperatura do corpo humano, durante 30 días a 0 °C e durante moito máis tempo a menores temperaturas.J Gen Virol 87 (2006), 3655-3659; DOI 10.1099/vir.0.81843-0 article Recent H5N1 avian Influenza A virus increases rapidly in virulence to mice after a single passage in mice says "To prepare the original virus stock for this study, virus was propagated once in the allantoic cavity of embryonated eggs at 37 °C for 1–2 days and then stored at –80 °C until use." Pode ser facilmente inactivado mediante deterxentes ou desinfectantes.
A gripe distribúese en epidemias estacionais que provocan centos de miles de defuncións, que pasan a ser millóns nos anos de pandemia (epidemia global). Durante o século XX producíronse cinco pandemias de gripe debido á aparición por mutación de diferentes cepas do virus. A miúdo estas novas cepas xurdiron a partir do transvasamento de cepas típicas de animais ao ser humano, no que se denomina salto de especie ou heterocontaxio. Unha variante mortal do virus da gripe aviar denominada H5N1 pasou por ser a principal candidata para a seguinte pandemia de gripe en humanos desde que traspasou a barreira de especie nos anos 1990 e provocou decenas de defuncións en Asia, ata a aparición da neogripe A (H1N1) en 2009. Afortunadamente aquela variante aviar non mutou e non pode transmitirse de persoa a persoa, pois só afectou a humanos desde aves contaxiadas e ese contaxio non é fácil pois require unhas condicións moi especiais.
Nos países desenvolvidos establecéronse campañas de vacinación anual fronte á gripe para as persoas con maior risco de contraer a enfermidade ou que son máis vulnerables ás súas complicacións, así como controis estritos ás aves de curral. A vacina humana habitual é a trivalente, que contén proteínas purificadas e inactivadas das tres cepas que se consideran van ser as máis comúns na seguinte epidemia: dous subtipos do virus A da gripe e un do virus B. Unha vacina elaborada un ano pode non ser eficaz ao seguinte debido ás frecuentes e rápidas mutacións (cambios nos seus antíxenos) que sofre o virus, e á dominancia variable das diferentes cepas.
O tratamento é só sintomático e nos casos graves e hospitalarios é só de mantemento de constantes, pois os fármacos antivirais teñen unha eficacia moi limitada (os máis eficaces son os inhibidores da neuraminidase) e non carecen de toxicidade. Os antibióticos só son útiles se hai infección bacteriana asociada.
O prognóstico é bo con recuperación parcial á semana e total aos quince días, sendo, nas epidemias habituais, os exitus letalis consecuencia da patoloxía ou do deficiente estado inmunitario, previos á infección gripal.
En España a gripe é de declaración obrigatoria, non nominal e non urxente. Todos os venres ha de remitirse ás autoridades sanitarias o número de casos novos atendidos durante a semana. Antes de 2009 nunca se requiría enquisa epidemiolóxica, dada a súa alta morbilidade (cantidade porcentual de afectados) pero esta si debe realizarse hoxe en día nos casos de neogripe A, ata antes da confirmación polo laboratorio. Etimoloxía Gripe (tamén ás veces gripa) procede do francés grippe, á súa vez do alemán de Suíza grupi (acurrucarse). A variedade influenza procede do italiano. Historia miniatura|220px|dereita|Variante do virus causante da gripe de Hong Kong (1968)(aumentado unhas 100,000 veces). Os síntomas da gripe en humanos foron descritos por Hipócrates hai uns 2.400 anos. Desde entón o virus causou, ademais da epidemia anual, numerosas pandemias. Os datos históricos sobre a gripe son difíciles de interpretar porque os síntomas poden ser similares aos doutras enfermidades, como a difteria, a pneumonía, o dengue ou o tifo. Desde 1510 describíronse unhas 31 pandemias. O primeiro rexistro detallado dunha pandemia gripal produciuse en 1850. Comezou en Asia e estendeuse a Europa e a África. As pandemias sucedéronse durante os séculos XVII e XVIII, sendo a de 1830-1833 especialmente virulenta e de gran morbilidade, xa que infectou aproximadamente a unha cuarta parte da poboación exposta.
A pandemia máis letal e coñecida foi a denominada gripe española (virus A, subtipo H1N1), que durou desde 1918 a 1919. Denomínase así porque España era o país que publicaba máis datos sobre o desastre sanitario que estaba ocasionando pois moitos os censuraban con motivo da primeira guerra mundial na cal estaban inmersos. As estimacións máis antigas falaban duns 40 ó 50 millóns de mortos causados por ela, aínda que as aproximacións máis actuais sitúan a cifra entre 50 e 100 millóns de persoas falecidas por aquela gripe en todo o mundo. Esta pandemia foi descrita como o maior holocausto médico da historia, e causou polo menos tantos mortos como a peste negra. Esta gran mortalidade foi debida á gran taxa de infectividade (ata o 50% da poboación exposta) e á gravidade dos síntomas causados pola produción masiva de citoquinas) (tormenta de citoquinas). A isto hai que sumar que os primeiros síntomas, en 1918, foron atribuídos a outras enfermidades como dengue, cólera, ou a febre tifoide. Un observador escribía que "unha das peores complicacións é a hemorraxia das mucosas, especialmente a nasal, a do estómago ou a intestinal. Tamén son frecuentes o sangrado de oídos e as petequias". A maior parte das mortes ocorreron por pneumonía bacteriana, unha infección secundaria provocada pola gripe, pero o virus tamén matou, directamente, a consecuencia das hemorraxias masivas e o edema pulmonar.
A pandemia da gripe española tivo un orixe xeográfico aínda hoxe en día dubidoso e estendeuse por todo o planeta ata o Ártico e as remotas illas do océano Pacífico. A gravidade inesperada da enfermidade produciu a morte de entre o 2 e o 20% de todos os infectados, (fronte á taxa habitual de mortalidade da gripe común, que está en torno ao 0,1%). Outra característica diferencial desta pandemia foi que a mortalidade afectou sobre todo a adultos novos, cun 99% das mortes en persoas por baixo dos 65 anos, e máis da metade en adultos entre os 20 e os 40 anos. A gripe común ten as súas maiores taxas de mortalidade, pola contra, nos estratos de poboación máis nova (menores de dous anos) e sobre todo entre os maiores de 70. A mortalidade total real da pandemia de gripe de 1918-1919 non se coñece con certeza pero estímase que en torno ao 2.5% e o 5% da poboación mundial morreu pola súa causa (uns 25 millóns de persoas só nas primeiras 25 semanas). Foi a pandemia máis mortífera da historia da humanidade, superando á da peste negra. Vaia como comparación que o virus do sida causou esa mesma cantidade de mortes nos seus primeiros 25 anos de existencia.
Coa recente dispoñibilidade de mostras de falecidos polo virus da gripe española, cultivos de virus da gripe e as novidosas técnicas de bioloxía molecular conseguiuse clonar o xenoma completo do axente causal da pandemia de 1918. Para iso, utilizouse metodoloxía baseada na xenética reversa para xerar un virus da influenza que contén os oito segmentos xenéticos deste virus. Este logro permite estudar as propiedades asociadas á súa extraordinaria virulencia. En marcado contraste coa influenza humana contemporánea (o virus H1N1), nos ensaios realizados in vitro o virus da pandemia de 1918 tivo a capacidade de replicarse en ausencia de tripsina, o que lle permitiu causar a morte en ratos e embrións de polo, mostrando un fenotipo de alta replicación nas células epiteliais bronquiais. Por outra banda, a expresión coordinada dos 1.918 xenes do virus sen dúbida outorga un fenotipo único de alta virulencia observada con este virus pandémico e que non se observou en ningún outro virus da influenza analizado ata este momento.
As pandemias posteriores de gripe (a gripe asiática (tipo A, subtipo H2N2) e a de 1968 ou gripe de Hong Kong (tipo A, subtipo H3N2) non foron tan devastadoras pero tamén provocaron millóns de defuncións. Nas últimas pandemias, a dispoñibilidade de antibióticos serviu para controlar as infeccións oportunistas e isto axudou a reducir a taxa de mortalidade con respecto o da gripe española do 18. .
+Pandemias de gripe máis coñecidas Nome da pandemia Data Mortes Subtipo involucrado Índice de gravidade da Pandemia Gripe rusa1889–1890 1 millón posiblemente H2N2 ? Gripe española1918–1920 40 a 100 millones H1N1 5 Gripe asiática1957–1958 1 a 1.5 millones H2N2 2 Gripe de Hong Kong1968–1969 0.75 a 1 millones H3N2 2 SARS2003-2004 774 A (H1N1)2009-2010 730+ H1N1 6
A familia de virus Orthomyxoviridae é a causante (etioloxía) da gripe, e foi descrita por primeira vez en porcos por Richard Schope en 1931. Este descubrimento foi seguido en breve polo illamento do virus en humanos por un grupo de investigación dirixido por Patrick Laidlaw e o Medical Research Council do Reino Unido en 1933. Con todo, houbo que esperar ata 1935 para que Wendell Meredith Stanley, Premio Nobel de Química 1946,The Nobel Prize in Chemistry 1946 establecese a verdadeira natureza non celular dos virus.
O primeiro paso significativo cara á prevención da gripe foi o desenvolvemento dunha vacina de virus mortos por Thomas Francis, Jr en 1944. Posteriormente Frank Macfarlane Burnet demostrou que os virus perden virulencia ao ser cultivados en proteína de ovo, posibilitándose así as vacinas de virus inactivados, moito máis eficaces.
A aplicación desta observación permitiu a un grupo de investigadores da Universidade de Míchigan desenvolver a primeira vacina empregada en poboación,Sir Frank Macfarlane Burnet: Biography The Nobel Foundation. Consultado o 22 de outubro de 2006 coa colaboración do exército dos Estados Unidos. A decisión do exército de participar no desenvolvemento desta vacina debeuse á súa experiencia coa gripe durante a primeira guerra mundial, cando miles de soldados morreron polo virus en cuestión de poucos meses.
Aínda que se desataron algúns temores coa gripe do porco de New Xersei en 1976, en 1977 cunha repunta da gripe rusa e en Hong Kong e outros países asiáticos en 1997 (coa variante H5N1 da gripe aviaria), non houbo ningunha pandemia de importancia desde a gripe de Hong Kong de 1968. En maio de 2009 México tivo unha alerta de A(H1N1) (gripe A) que mantivo á poboación da Cidade de México en corentena. A inmunidade adquirida coas pandemias previas e as campañas de vacinación parecen limitar a extensión do virus e poden axudar a previr futuras pandemias.
Etioloxía: viroloxía Tipos de virus da gripe miniatura|220px|dereita|Orthomyxoviridae, H5N1.
O virus da gripe é un virus ARN da familia dos Orthomyxoviridae, que comprende cinco xéneros: