Jodocus Hondius (versión latinizada de Joost de Hondt), nado en Wakken, actual Bélxica, o 17 de outubro de 1563 e finado en Ámsterdam o 12 de febreiro de 1612, ás veces chamado Jodocus Hondius o Vello para distinguilo do seu fillo, foi un artista de Flandres, gravador e cartógrafo .
Traxectoria É coñecido por facer algúns dos primeiros mapas do "Novo Mundo" e de Europa, por restablecer a reputación da obra de Gerard Mercator, e polos seus retratos de Francis Drake. Axudou a establecer Ámsterdam como centro da cartografía en Europa no século XVII.
Véxase tamén Bibliografía Peter van der Krogt (ed.): Koeman's atlantes Neerlandici, Vol. 1: The folio atlases published by Gerard Mercator, Jodocus Hondius, Henricus Hondius, Johannes Janssonius and their successors, ’t Goy-Houten 1997, ISBN 90-6194-268-3
Ligazóns externas
Retratos de Francis Drake por Hondius Biografía
Categoría:Cartógrafos Categoría:Nados en 1563 Categoría:Finados en 1612