O iodo é un elemento químico de número atómico 53 situado no grupo dos halóxenos (grupo 17) da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é I. É un oligoelemento empregado fundamentalmente en medicina, fotografía e como colorante. Quimicamente, o iodo é o halóxeno menos reactivo e electronegativo.
Ao igual có resto de elementos halóxenos (membros do grupo VII na táboa periódica), o iodo forma moléculas diatómicas, dando así lugar ao composto di-iodo de fórmula molecular I2. Historia O iodo foi descuberto en 1811, polo químico francés Bernard CourtoisSwan 2005 e feito público polo profesor de química Nicolas Clement o 27 de novembro de 1811
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Iodo