O latín (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas, e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da Península Itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium).miniatura|Caligrafía nunha Biblia en Latín do ano 1407 que se atopa en Malmesbury Abbey, Wiltshire, Inglaterra. A Biblia foi escrita a man en Bélxica por Gerard Brils, para ser lida nun mosteiro.|esquerdaAdquiriu grande importancia coa expansión de Roma, e foi lingua oficial do Imperio Romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).

O latín orixinou un gran número de linguas europeas, denominadas linguas romances, como o español, francés, franco-provenzal, friulano, galego, istriano, istrorromano, italiano, ladino, ligur, lombardo, meglenorrumano, napolitano, occitano, piemontés, portugués, romanche, romanés, sardo, siciliano, valón, véneto, aragonés, arrumano, asturleonés, catalán, corso, emiliano-romañol, e outros xa extintos, como o dalmático, panonio e o mozárabe. Tamén influíu nas palabras das linguas modernas debido a que durante moitos séculos, despois da caída do Imperio romano, continuou usándose en toda Europa como lingua franca para as ciencias e a política, sen ser seriamente ameazada nesa función por outras linguas en auxe (como o español no século XVII ou o francés no século XVIII, ata practicamente o século XIX.

A Igrexa católica úsao como lingua litúrxica oficial (sexa no rito romano sexa nos outros ritos latinos), aínda que desde o Concilio Vaticano II permítense ademais as linguas vernáculas.La misa en latín. e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Tamén se usa para os nomes binarios da clasificación científica dos reinos animal e vexetal, para denominar figuras ou institucións do mundo do Dereito, como lingua de redacción do Corpus Inscriptionum Latinarum, e en artigos de revistas científicas publicadas total ou parcialmente nesta lingua. Por extensión, o adxectivo latino, latina emprégase para designar ás persoas que proceden de países con linguas neolatinas (que proceden do latín) ou que falan estas linguas. En termos xerais, este termo úsase en Europa para designar ós habitantes meridionais e nos Estados Unidos de América e España para designar ós habitantes de procedencia iberoamericana.

O alfabeto latino, derivado do alfabeto grego (en si derivado do alfabeto fenicio), é amplamente o alfabeto máis usado do mundo con diversas variantes dunhas linguas a outras. O estudo do latín, xunto co do grego clásico, é parte dos chamados estudos clásicos, e aproximadamente ata os anos 1970 foi estudo case imprescindible nas humanidades. Ata o día de hoxe, en países como Alemaña, nos Gymnasien ensínase latín ou grego xunto a linguas modernas.

Historia miniatura|esquerda|upright|A paisaxe lingüística da Italia central no inicio da expansión romana

Recoñecéronse varias fases históricas da lingua latina, cada unha das cales se distingue por sutís diferenzas de vocabulario, uso, ortografía, morfoloxía e sintaxe. Non existen regras estritas de clasificación, xa que cada especialista fai fincapé en características diferentes. Como resultado, a lista ten variantes, así como nomes alternativos.

Ademais das fases históricas, o latín eclesiástico refírese aos estilos utilizados polos escritores da igrexa católica romana desde a antigüidade tardía en diante, así como polos eruditos protestantes.

Tras a caída do Imperio Romano de Occidente no 476 e a ocupación do seu lugar polos reinos xermánicos, os pobos xermánicos adoptaron o latín como lingua máis adecuada para usos xurídicos e outros máis formais. miniatura|dereita|200px|Rexión do Lacio onde xurdiu o latín. O lugar ancestral da lingua latina corresponde exactamente ao Vetus Latium, unha rexión considerabelmente moito menor do que hoxe é a Italia. Estaba limitada polo río Tíber ao norte, polo curso baixo do río Anio ao nordeste, pola cadea dos Apeninos ao leste, polo territorio Volsciano ao sur e polo mar Tirreno ao oeste. Cando a influencia militar e política de Roma se espallou, a lingua latina tamén se difundiu tanto nas cidades como nas zonas rurais, mesmo que con características dialectais propias.

O propio nome de Roma non só non é latino, probabelmente nin sequera sexa indoeuropeo, probabelmente derivado do xentilicio etrusco RumaVexase Roma#Etimoloxía, sendo o adxectivo latinus un derivado do topónimo Latium (que pode significar comarca plana en oposición á montañosa Sabina). Latín antigo miniatura|upright|O Lapis Niger (pedra negra), probablemente a inscrición latina máis antiga existente, procedente de Roma, c. 600 a.C. durante o semi-lendario reino romano

A forma máis antiga coñecida do latín é o latín antigo, que se falou desde o reino romano ata a última parte da República Romana. As inscricións máis antigas proceden do século VII a.C. Está testemuñado tanto en inscricións como nalgunhas das obras literarias latinas máis antigas existentes, como as comedias de Plauto e Terencio. O alfabeto latino foi ideado a partir do alfabeto etrusco. A escritura inicialmente era de dereita a esquerda ou en modo bustrófedon (tipo de escritura que consiste en redactar alternativamente unha liña de esquerda a dereita e o seguinte de dereita a esquerda ou viceversa) máis tarde cambiou a escribirse estritamente de esquerda a dereita.

Hai unha serie de datas que marcan a expansión de Roma e con elas a súa lingua: en 241 a.C. Sicilia tórnase provincia romana; en 238 a.C. tamén a Sardeña e a Córsega; en 197 a.C. a Hispania; en 146 a.C. a África; en 167 a.C. a Iliria; en 120 a.C. a Galia Meridional; en 50 a.C. a Galia Setentrional; en 15 a.C. a Retia e por último, en 107 d.C. baixo Traxano, a Dacia.

Latín clásico Durante a República tardía e os primeiros anos do Imperio, xurdiu un novo latín, unha creación consciente dos oradores, poetas, historiadores e outros homes letrados, que escribiron as grandes obras da literatura clásica, que se ensinaban nas escolas de gramática e retórica. As gramáticas didácticas actuais afunden as súas raíces en ditas escolas, que servían como unha especie de academia informal da lingua dedicada a manter e perpetuar o fala culta.

Latín vulgar

A análise filolóxica de obras en latín arcaico, como as de Plauto, que conteñen fragmentos do fala cotiá, indica que existía unha lingua falada, o latín vulgar (denominado , "a fala das masas", por Cicerón), paralelamente ao latín clásico alfabetizado. Esta linguaxe informal de cando en cando escribíase, polo que os filólogos só dispoñen de palabras e frases soltas citadas polos autores clásicos e as atopadas nos grafitos. Como era libre de desenvolverse por si só, non hai razón para supoñer que a fala fose uniforme nin xeograficamente diacrónica. Pola contra, as poboacións europeas romanizadas desenvolveron os seus propios dialectos da lingua, o que finalmente levou á diferenciación das linguas romances.

As linguas romances descenden do latín vulgar e eran orixinalmente os dialectos populares e informais falados por varias capas da poboación de fala latina. Estes dialectos eran distintos da forma clásica da lingua falada polas clases altas romanas, a forma na que escribían xeralmente os romanos.

A decadencia do Imperio Romano supuxo unha deterioración do nivel educativo que deu lugar ao latín tardío, unha etapa posclásica da lingua que se observa nos escritos cristiáns da época. Era máis acorde coa fala cotiá, non só polo declive da educación, senón tamén polo desexo de difundir a palabra ás masas.

Actualmente, as cinco linguas románicas máis faladas por número de falantes nativos son o español, o portugués, o francés, o italiano e o romano. A pesar da variación dialectal, que se atopa en calquera lingua estendida, as linguas de España, Francia, Portugal e Italia conservaron unha notable unidade nas formas e desenvolvementos fonolóxicos, reforzada pola influencia común (catolicismo romano) estabilizadora da súa cultura cristiá. Non foi ata a conquista musulmá da Península Ibérica no ano 711, que cortou as comunicacións entre as principais rexións romances, cando as linguas empezaron a diverxer entre si seriamente. O dialecto do latín vulgar que máis tarde se convertería en romano diverxía algo máis das outras variedades, xa que estaba moi separado das influencias unificadoras da parte occidental do Imperio.

Un indicador clave de se unha determinada característica romance se atopa no latín vulgar é comparala co seu paralelo no latín clásico. Se non procede do latín clásico, o máis probable é que proceda do latín vulgar contemporáneo non documentado. Por exemplo, o romance para "cabalo" (italiano , francés , español , portugués e romano ) procede do latín . Con todo, o latín clásico utilizaba . Polo tanto, o máis probable é que fóra a forma falada.

O latín vulgar comezou a dividirse en distintas linguas como moi tarde no século IX, cando aparecen os primeiros escritos romances. Durante todo o período, limitáronse a fala cotiá, xa que o latín medieval utilizábase para escribir.

Aínda despois da transformación do latín vulgar en linguas romances, o latín continúa fornecendo un repertorio de raíces para moitos campos semánticos, especialmente culturais e técnicos, para unha ampla variedade de linguas.

O latín vulgar continúa sendo usado polos eruditos ata o século XVII, como Isaac Newton, e pola igrexa católica latina (obrigatorio ata mediados do século XX).

Latín medieval Fálase ás veces de baixo latín para designar o latín de antes da Idade Media. Para a Idade Media en si pódese falar de latín medieval, por oposición estes dous termos ó latín clásico de Cicerón.

O latín medieval é o latín escrito utilizado durante a época posclásica, cando non existía a correspondente lingua vernácula latina. A lingua falada desenvolveuse nas diversas linguas romances incipientes; con todo, no mundo culto e oficial, o latín continuaba sen a súa base falada natural. Ademais, este latín estendeuse a terras que nunca o falaron, como as nacións xermánicas e eslavas. Chegou a ser útil para a comunicación internacional entre os estados membros do Sacro Imperio Romano Xermánico e os seus aliados.

Sen as institucións do Imperio Romano que apoiaran a súa uniformidade, o latín medieval perdeu a súa cohesión lingüística: por exemplo, en latín clásico e úsanse como verbos auxiliares no pasivo perfecto e pluscuamperfecto, que son tempos compostos.O latín medieval podería usar e no seu lugar. Ademais, mudáronse o significado de moitas palabras e introducíronse novos vocabularios a partir da lingua vernácula. Prevalecen os estilos individuais identificables do latín clasicamente incorrectos.

Moitos termos xermánicos son incluídos no vocabulario. Un certo número de termos clásicos adquiren un senso relixioso no contexto da Cristiandade (credo por exemplo) que non tiñan na época antiga. Latín renacentista miniatura|upright|A maioría dos libros impresos (incunables) do século XV estaban escritos en latín, e as linguas vernáculas desempeñaban un papel secundario.