Yılmaz Güney, nado en 1937 e finado en París en 1984, foi un escritor, actor e director kurdo.

Traxectoria Nado nunha vila próxima a Adana, no seo dunha familia kurda, estudou dereito e económicas nas universidades de Ankara e Istanbul, pero aos 21 entrou en contacto cun feixe de directores novos entre os que estaba Atıf Yılmaz, que pretendía superar o cinema turco feito ata entón con outro que reflectise a realidade social do país. Yılmaz Güney traballou primeiro como asistente de Atıf Yılmaz ata que se consagrou como actor, un dos máis recoñecidos da época.

En 1961 foi condenado a 18 meses de prisión acusado de escribir unha novela comunista, en 1965 comeza a dirixir, en 1968 forma a súa propia produtora, Güney Filmcilik. Foi arrestado de novo en 1972. En 1981 foxe da prisión e establécese en Francia e en 1982 gaña o Festival de Cannes por O camiño. En 1984 morre no exilio en París, e ata 1992 non se permitiron os seus filmes en Turquía.

Véxase tamén

Ligazóns externas Yılmaz Güney

Categoría:Directores de cinema de Turquía Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados na provincia de Adana