Kevin Rutmanis é un baixista estadounidense. A finais de 1995 xunto co seu irmán Sandris Rutmanis, Thor Eisentrager e o entón batería de Jayhawks Norm Rogers formaron a banda The Cows. Despois da súa disolución Rutmanis foi o baixista de The Melvins dende 1998 ata 2005. Tamén tocou o baixo no supergrupo Tomahawk, que contaba con Mike Patton. Kevin tocou nos dous primeiros álbums da banda, Tomahawk e Mit Gas, e realizou dúas xiras mundiais para promovelos.
Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Nova York