dereita|miniatura|Vista da aldea. O Tellado é un lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo, na comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2017 tiña dezasete habitantes (nove homes e oito mulleres), dous máis ca en 2015 (7 homes e 8 mulleres), catro menos ca en 2009 (10 homes e 9 mulleres) e oito menos ca en 1999. Historia
Neste lugar celebrábase a feira do Tellado os dúas 2 e 17 de cada mes, nunha carballeira próxima. O camiño de arrieiros pasaba preto, cruzando o río Viñao na ponte das Campinas, na parroquia de Santa María do Campo. Polo Tellado pasaba unha desviación do camiño cara a Dozón. No campo da feira, amais de pendellos para dar servizo aos feirantes, había unha capela adicada a santo Antón."Feira do Tellado (O Irixo)", post no blog Aqueam Latam, 27 de abril de 2017. En 2014 construíuse un viaduto a carón da aldea, polo que discorre a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.
Do outro lado do río Viñao está a aldea do Tellado do Campo, da parroquia de Campo.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de San Cosmede de Cusanca
Parroquias do Irixo
Categoría:Lugares do Irixo Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias