Xosé María Chao Ledo, nado e Vilalba o 30 de setembro de 1844 e finado na mesma vila o 9 de xullo de 1894, foi un sacerdote e poeta galego.

Traxectoria Fillo de labregos, estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo. Foi párroco de Santalla, San Xurxo de Rioaveso, Santiago de Cuíña e Santa María de Luía. Foi un verdadeiro poeta popular "que soubo expresarse nun galego enxebre" e do que Carvalho Calero louva a súa naturalidade. O seu biógrafo Lence Santar cualifícao de "crego sabido, sinxelo, falangueiro, amigo de dar esmolas e amante, como poucos da terra galega". O seu sobriño-neto, o escritor Xosé Chao Rego, no mesmo libro fala da "paixón telúrica" que manifesta o amor á Terra que tiña Xosé María Chao.

En 1871 estreou en Mondoñedo Noite Boa de 1871.

Obras Poesías en gallego y castellano (inéditas) de Don José María Chao Ledo, 1930. Poemas galegos, 1976, Ediciós do Castro.

Véxase tamén Bibliografía

Eduardo Lence-Santar, "Notas biográficas de D. Xosé María Chao Ledo", en X. Mª Chao Ledo, Poemas galegos, Ed. do Castro, A Coruña 1976.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos