María del Pilar Souto Iglesias, nada en Arteixo en 1961, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Arteixo en 2003 e foi a segunda forza máis votada, sendo a portavoz do grupo na oposición. Nese mandato foi deputada provincial. En 2007 encabezou novamente a candidatura socialista e foi elixida alcaldesa de Arteixo grazas a un pacto con Terra Galega e o apoio externo do BNG.El BNG vota a Pilar Souto en Arteixo, pero será oposición Nese mandato volveu ser deputada provincial.
En 2011 perdeu a alcaldía tras lograr o PPdeG a maioría absoluta. Foi sucedida como portavoz e, posteriormente, como secretaria xeral por Martín Seco. En febreiro de 2014 dimitiu como concelleira e apartouse da primeira liña política.Entrevista en La Voz de Galicia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Arteixo
Categoría:Alcaldes de Arteixo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Arteixo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes