A Nanny (en ) é unha comedia de situación estadounidense emitida orixinalmente pola CBS de 1993 a 1999. En Galicia emitiuna a Televisión de Galicia a partir de 1995.

Desenvolvemento

A serie coproducírona Sternin & Fraser Ink, Inc. e Highschool Sweethearts en colaboración con TriStar Television para a CBS protagonizada por Fran Drescher como Fran Fine, unha cativadora e simpática xudía de Queens que se convertía por casualidade na aia, nanny en inglés, dos tres fillos de Maxwell Sheffield, un produtor teatral viúvo, membro da clase alta de Nova York.

Moita da inspiración da serie procede da vida persoal da súa creadora, Fran Drescher, e presenta nomes e trazos baseados nos seus familiares e amigos. A serie gañou unha Rose d'Or e un Emmy. Desde comezo da década do 2000 fixéronse algunhas adaptacións noutros países baseadas nos guións orixinais da serie.

Elenco e dobraxe

PersonaxeInterpretado porDobrado por Fran Fine Fran Drescher Ana Lemos Maxwell Sheffield Charles Shaughnessy Antón Rubal Niles Daniel Davis Xoán Carballido C. C. Babcock Lauren Lane Sonia CasteloAna Santos (Substitución) Margaret Sheffield Nicholle Tom ?Isabel Vallejo (Substitución) Brighton Sheffield Benjamin Salisbury Teresa SantamaríaNacho Castaño (Substitución) Grace Sheffield Madeline Zima Xulia DizAna Ouro (Substitución) Sylvia Fine Renée Taylor Amelia Rodríguez Yetta Rosenberg Ann Morgan Guilbert Fely Manzano Val Toriello Rachel Chagall Alicia Taboada

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión da CBS Categoría:Series de televisión iniciadas en 1993 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1999 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega