Magneta Lane é unha banda canadense de rock alternativo procedente de Toronto, Ontario e formada no ano 2003. Os seus tres membros son mulleres, Lexi Valentine (voces e guitarra), Nadia King (batería) e French (baixo). O grupo recibiu boas críticas co seu álbum de estrea The Constant Lover. O seu primeiro sinxelo, tamén titulado "The Constant Lover", e o segundo, "Ugly Socialite", emitíronse frecuentemente nas canles MTV, VH1 e MuchMusic.

Historia A banda formouse no outono de 2003 e pasaron o ano seguinte realizando concertos na zona de Toronto. Dende entón foron entrando nas distintas escenas independentes internacionais. O seu son ten sido comparado co de The Strokes, The Runaways e The Pretenders, e ten influencias de Nancy Sinatra, Sonic Youth, The Kinks, Hole e The Cardigans.

Editaron os seus álbums The Constant Lover e Dancing with Daggers a través do selo independente de Toronto Paper Bag Records. Ámbolos dous tiveron éxito e permitíronlles xiras polo Canadá, os Estados Unidos, o Xapón e parte de Europa. Posteriormente, o grupo asinou un contrato con Last Gang Records e editou Gambling with God no Canadá o 15 de setembro do 2009.

Lexi apareceu como vocalista convidada nos temas de Tokyo Police Club "Nature Of The Experiment", de K-os "Fun" e de Neverending White Lights "Black Is The Colour Of My True Love's Heart".

Tras Gambling with God, a banda pasou por dificultades e estivo desaparecida por un tempo ata regresar en 2013 co EP Witchrock. Este traballo foi publicado a través da nova discográfica creada polo propio grupo, Splendor House, sendo distribuído por eOne Music.

A música de Magneta Lane apareceu na banda sonora das series The L Word e Lost Girl e da película CAKE.

Discografía Álbum Ano Selo Notas The Constant Lover 2004 Paper Bag Records EP Dancing with Daggers 2006 Paper Bag Records Gambling with God 2009 Last Gang Records Witchrock 2013 eOne Music EP

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial MySpace da banda Perfil de Magneta Lane en Facebook

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Toronto Categoría:Grupos musicais formados en 2003 Categoría:Bandas de mulleres